Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 24 de marzo

MARÍA (E OS DEMAIS) 24 de marzo. 21 horas Auditorio Municipal de Cangas Dirección: Nely Reguera Guion: Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Nely Reguera, Roger Sogues, Valentina Viso Intérpretes: Bárbara Lennie, José Ángel Egido,Rocío León, Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, María Vázquez, Aixa Villagrán, Marina Skell, Xulio Abonjo, Miguel de Lira... Fotografía: Aitor Echeverría Duración: 96 min Premios Goya: Nominada á Mellor actriz protagonista, mellor directora novel Premio Feroz: Mellor actriz SINOPSE: Desde que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de se atrever a vivir a súa propia vida. 'María y los demás'

Proxección do 10 de marzo

ENTRE DOUS MUNDOS Israel, 2016 Direción e guión: Maysaloun Hamoud Música: Mg Saad Fotografía: Itay Gross Intérpretes: Mouna Hawa, Shaden Kanboura, Sana Jammalieh Duración: 96 min. Salma, Laila e Nur nunca encaixarán. Palestinas con pasaporte israelí, optan por vivir unha vida de liberdade en Tel Aviv, lonxe dos seus lugares de orixe. As tres buscan o amor, mais como mozas palestinas, pronto se decatarán de que non é doado chegar a unha relación escollida por elas. Terán que escoller o seu sitio no mundo, ben na cidade, ben nas súas vilas. Festival de Toronto: Premio NETPAC (Mejor film asiático) Festival de San Sebastián: Premio TVE 'Otra mirada' O feminismo de Oriente Próximo. Por Alejandro Chacón. Os interrogantes.com ... A historia que nos presenta Hamoud non é só unha alegación pola liberdade da muller, senón que na súa axustada metraxe, de aproximadamente hora e media, é capaz de reflectir moitas das problemáticas de Israel e o Oriente Pr...

Proxección do 24 de febreiro de 2017

O PORVIR (L'avenir. Francia, 2016) VENRES, 24 DE FEBREIRO DE 2017 AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.  21 horas Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Produción: Rebecca O’Brien Fotografía: Denis Lenoir Música: Raphael Hamburger Intérpretes: Isabelle Huppert, Edith Scob, Roman Kolinka, André Marcon, Sarah Le Picard, Solal Forte, Elise Lhomeau, Lionel Dray, Marion Ploquin Duración: 100 min. Berllinale: Sección Oficial. Círculo de críticos Nova York e Los Ángeles: Mellor actriz Isabelle Huppert SINOPSE Nathalie, escritora e profesora de filosofía, que reparte o seu tempo entre os fillos, o traballo e unha nai posesiva, vese obrigada a reconstruír a súa vida cando o seu home lle comunica que a vai deixar por outra muller. O TEMPO DA RESISTENCIA Jordi Costa. El País Unha elipse deliberadamente vaga “uns cuantos anos despois” separa o prólogo desta película do corpo do seu relato, onde unha profesora de filosofía, encarnada ...

Película do 10 de febreiro de 2017

EU, DANIEL BLAKE (I, Daniel Blake) Auditorio Municipal de Cangas.    21 horas Dirección: Ken Loach Guión: Paul Laverty Produción: Rebecca O’Brien Director de fotografía : Robbie Ryan Montaxe: Jonathan Morris Música: George Fenton Intérpretes: Dave Johns ( Daniel Blake) ,  Hayley Squires  ( Katie ),   Dylan McKiernan  ( Dylan ), Briana Shann ( Daisy) , Kate Rutter ( Ann) , Sharon Percy ( Sheila) , Kema Sikazwe ( China) Duración: 100' SINOPSE Daniel Blake é un carpinteiro inglés de 59 anos que se ve obrigado a recorrer ás axudas sociais por primeira vez na súa vida despois de que lle diagnostiquen unha doenza cardíaca. Con todo, a pesar da prohibición médica de traballar, a administración obrígao a buscar un emprego para evitar unha sanción. No centro de colocación coñecerá a Katie, outra vítima das aberracións burocráticas, que tivo que mudarse cos seus fillos a 450 km para evitar un fogar de acollida. Entre os dous tentarán axudar...

Proxección 27 de xaneiro

REGRESO Á CASA Gui lai China, 2014 21 horas.  Auditorio Municipal de Cangas Director: Zhang Yimou Guión: Zhou Jingzhi (Novel: Yan Geling) Intérpretes: Gong Li, Chen Daoming, Zhang Huiwen, Guo Tao, Yan Ni, Li Chun, Zhang Jiayi,Liu Peiqi, Ding Jiali, Xin Baiqing, Zu Feng, Chen Xiaoyi Música: Chen Qijang Fotografía: Zhao Xiaoding Duración: 109 min. SINOPSE Lu Yanshi é detido en pleno apoxeo da Revolución Cultural en China. A súa muller, a profesora Feng Wanyu, e a súa filla deben enfrontarse a esta realidade. Así, a nena empeza a entregarse á danza e esfórzase por facerse cun papel protagonista.  A principios dos anos setenta, tras anos sen ver á súa familia, Lu Yanshi consegue escapar dun campo de traballo. Tenta volver ver os seus seres queridos, pero a súa filla -por medo a que o reencontro afecte á súa carreira como bailarina- evítao.  Tempo despois poderá finalmente estar coa súa muller, aínda que non nas circunstancias que imaxinaba...

Proxección 20 de xaneiro de 2017

CORAZÓN XIGANTE (FUSI) Venres 20 de xaneiro.    21 horas.  Auditorio de Cangas Islandia, 2014. Dirección: Dagur Kári. Guion: Dagur Kári. Intérpretes: Gunnar Jónsson, Ilmur Kristjánsdóttir, Sigurjón Kjartansson y Franziska Una Dagsdóttir. Fotografía: Rasmus Videbaek Música: Yoshihiro Hanno Duración: 94' PREMIOS TRIBECA 2015, Mellor película, actor e guión. SEMINCI Valladolid 2015, Mellor actor SINOPSE: Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado con sobrepeso que nunca tivo noiva e está só interesado polas batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento onde vive coa súa nai. Un día recibe un abono para acudir a unha escola de baile, onde coñece a Sjöfn, unha muller solitaria, como el, e con profundas feridas psicolóxicas. Fúsi - Tráiler español por keane43

Contrafaces, 28 de decembro

 CONTRAFACES Mércores, 28 de decembro, ás 21 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Ola, cineclubeiros. Imos despedir o ano cunha proxección extra. Quizais algúns saibades que queriamos inaugurar a Semana de cine cunha película relacionada co noso entorno máis próximo, pero non puido ser. Unha das películas que barallamos foi Contrafaces un documental centrado en dous personaxes que se cruzan nos seus itinerarios vitais en sentidos contrarios, Elías Portela ou Elías Knörr e Erín Moure. Pois ben, o mércores 28 de decembro, ás 21 horas realizaremos a presentación en Cangas deste documental e contaremos coa presenza de Elías Portela e Fon Cortizo, o seu director.