Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

Película do 28 de xaneiro

A PROPÓSITO DE ELLY (Irán) Dirección: Asghar Farhadi. Guión: Asghar Farhadi. Intérpretes: Golshifteh Farahani (Sepideh), Taraneh Alidousti (Elly), Mani Haghighi (Amir), Shahab Hosseini (Ahmad), Merila Zarei (Shohreh), Peyman Moadi (Peyman), Rana Azadivar (Nassi), Ahmad Mehranfar (Manouchehr), Saber Abar (Alireza). Fotografía: Hossein Jafarian. Duración: 118 min. SINOPSE Despois de residir durante anos en Alemaña, Ahmad decide pasar uns días en Irán, o seu país natal. Os seus antigos amigos e compañeiros de universidade organizan unha estancia de tres días a beiras do mar Caspio. Sepideh, unha muller de carácter alegre, ocúpase da organización. Sen consultar aos demais, decidiu convidar a Elly, a xove mestra da súa filla. Ahmad acaba de divorciarse dunha alemá e está a desexar refacer a súa vida cunha muller iraniana. Aos poucos, todos se decatan de que Sepideh convidou a Elly por unha razón, e empezan a fixarse nela e a gabar as súas múltiples calidades. O segundo día, cando

Proxección 14 de xaneiro

AIR DOLL Dirección:   Hirokazu Kore-eda Guión:   Hirokazu Kore-eda; baseado no manga “A figura pneumática dunha moza” de Yoshiie Gouda. Intérpretes:   Bae Du-na (moneca inchable), Arata (Junichi), Itao Itsuji (Hideo), Joe Odagiri (Sonoda), Sumiko Fuji (Chiyoko), Masaya Takahashi (Keiichi), Susumu Terajima (Todoroki), Kimiko Yo (Yoshiko), Ryo Iwamatsu (Samezu), Mari Hoshino (Miki). Fotografía: Mark Lee Ping-bing. Música:   World’s End Girlfriend. Duración: 125 min. Hideo, que vive só, ten unha boneca inchable que de súpeto ten un corazón. Todo é novo para ela no mundo fóra da casa de Hideo. Coñece a todo tipo de xente. O mundo está cheo de moitas cousas fermosas, pero todas as persoas parecen estar tan baleiras por dentro como ela mesma. Pola mañá, ínflase a si mesma e vai dar un paseo. Coñece a Junichi, un vendedor, do que se namora inmediatamente. Van ao cinema, percorren a cidade xuntos, como dous noivos. Todo é marabilloso ata que se corta a man accidentalmente e empeza a