Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

Media Lúa

Trailer da película do venres 20 de marzo. A música enche todo.

Media lúa. Proxección do 20 de marzo

MEDIA LÚA (Niwemang) Kurdistán - Irán., 2006 Cuncha de Ouro Festival San Sebastián 2006 Premio da Crítica Premio á mellor fotografía Dirección e guión: Bahman Ghobadi. Intérpretes: Ismail Ghaffari (Mamo), Allah Morad Rashtiani (Kako), Hedieh Tehrani (Hesho), Golshifteh Farahani (Niwemang). Produción: Bahman Ghobadi. Montaxe: Hayedeh Safiyari. Fotografía: Nigel Block e Chrighton Bone. Música: Hossein Alizadeh. Duración: 107 min. SINOPSE Mano, un vello músico kurdo ben coñecido, consegue permiso, despois de 35 anos intentándoo, para dar un concerto no Kurdistán iraquí. Para iso convoca aos moitos fillos que ten e súbeos a un vello autobús de transporte escolar norteamericano e emprenden a viaxe desde o kurdistán iraniano cara á fronteira. Os membros dunha etnia sen territorio transitan territorios familiares e ao mesmo tempo hostís. As dificultades que supón o camiño, únese o convencemento por parte do músico da necesidade dunha voz feminina a pesar de que a

Reprogramada.13 de marzo

A MOZA DO 14 DE XULLO Francia, 2013 Venres 13 de marzo Auditorio Cangas 21 h. Dirección e guión: Antonin Peretjatko. Intérpretes: Vimala Pons (Truquette), Grégoire Tachnakian (Hector), Vincent Macaigne (Pator), Marie-Lorna Vaconsin (Charlotte), Thomas Schmitt (Bertier), Serge Trinquecoste (Doctor Placenta), Esteban (Julot) e a participación de Albert Delpy e Bruno Podalydès Dirección artística: Erwan Le Gal. Produción: Ecce films, Emmanuel Chaumet. Montaxe: Carole Le Page e Antonin Peretjatko. Fotografía: Simon Roca. Son: Julien Brossier, Julien Roiget, Martial De Roffignac. Duración: 88 min SINOPSE É 14 de xullo, aniversario da toma da Bastilla en Francia. Héctor, vixiante do Louvre nas vacacións de verán, namórase perdidamente de Truquette, unha vendedora de guillotinas de miniatura coa que se cruza no famoso museo parisiense. A pesar de non coñecela, Héctor decide ir na súa procura, e para iso contará coa axuda dos seus amigos, cos que se percorrerá todo o pa

Proxección do 6 de marzo

NAI E FILLO (P0ZITIA COPILULUI) Romanía, 2013   Oso de ouro en Berlín. Dirección: Calin Peter Netzer. Intérpretes: uminita Gheorghiu (Cornelia), Bogdan Dumitrache (Barbu), Ilinca Goia (Carmen), Natasa Raab (Olga), Florin Zamfirescu (Aurelian), Vlad Ivanov (Dinu) Guión: Razvan Radulescu e Calin Peter Netzer Produción: Ada Solomon e Calin Peter Netzer. Montaxe: Dana Lucretia Bunescu. Fotografía: Andrei Butica. Duración: 112 min. SINOPSE Cornelia séntese infeliz desque o seu fillo Barbu, de 34 anos, decidiu independizarse. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha noiva e evita á súa cariñosa nai. Cando Cornelia se decata de que o seu adorado fillo está involucrado nun tráxico accidente, usará todas as súas habilidades, contactos e diñeiro para impedir que vaia ao cárcere. A cambio, está convencida de que volverá ao choio e será o neno dependente de antes. COMENTARIO É posible mostrar sen decantarse a favor ou en contra, sen apoiar ou denun