Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

Proxección do 27 de novembro

Dirección, guión e montaxe: Hirokazu Kore-Eda. Intérpretes: Abe Hiroshi(Ryota Yokoyama ), Natsukawa Yui (Yukari Yokoyama ), You (Chinami Kataoka ) Takahashi Kazuya (Nobuo Kataoka ), Tanaka Shohei (Atsushi Yokoyama ), Nomoto Hotaru (Satsuki Kataoka ), Hayashi Ryoga (Mutsu Kataoka ) Música: Kojun Saitô. Produción: Yoshihiro Kato e Hijiri Taguchi. Fotografía: Yutaka Yamazaki. Duración: 108 min. SINOPSE Unha historia familiar que transcorre nun só día. Un fillo e unha filla adultos volven despois dalgún tempo á casa cos seus propios fillos para visitar os seus pais na casa na que viven desde hai décadas. Reúnense para conmemorar a tráxica morte do fillo máis vello, que se afogou hai quince anos. A casa segue sendo tan cómoda e espazosa coma antes; a comida que preparou a nai, tan boa como antes, pero todos cambiaron sutilmente. Esta é unha típica familia desestructurada, unida polo agarimo, o resentimento e os segredos. Facendo gala dun delicado equilibrio entre o humor e a t

Trailer de Camiñando

Queridos amigos, despois da fermosa película de Ozu que puidemos ver o pasado venres, imos ir abrindo boca para a próxima proxección, outra película xaponesa, moderna esta, con este trailer que a distribuidora Golem ten colagado en youtube. Do mesmo director, Kore-Eda , xa proxectamos algunhas películas como Hana que se atopa entre as máis interesantes da súa carreira como realizador. Pero non deixedes de ver, se tendes oportunidade, Ninguén Sabe , outro dos títulos destacados xunto con Maborosi .

Proxección 13 novembro

CONTOS DE TOKIO Dirección e guión: Yasujiro Ozu. Intérpretes: Chishu Ryu (Shukishi Hirayama), Chieko Higashiyama (Tomi Hirayama), Haruko Sugimura (Shige Kaneko), Setsuko Hara (Noriko), Kuniko Miyake (Fumiko), Kyôko Kagawa (Kyoko), Eijirô Ton (Sanpei Numata), Nobuo Nakamura (Kurazo Kaneko). Guión: Kôgo Noda e Yasujiro Ozu. Música: Kojun Saitô. Produción: Takeshi Yamamoto. Fotografía: Yuharu Atsuta. Vestiario: Taizo Saito. Duración: 136 min. SINOPSE Unha parella de anciáns campesiños viaxa a Tokio para visitar aos seus fillos, quen levan anos vivindo na capital. Ningún deles ten tempo para atender aos seus pais, polo que deciden envialos a un balneario. Ao regresar do ruidoso lugar, a nai pasa unha noite en casa da súa nora, viúva dun fillo falecido hai algún tempo. A diferenza dos seus cuñados, Noriko mostra afecto polos seus sogros e conforta á anciá. Os acontecementos precipítanse cando, no tren de regreso a casa, a anciá se enferma e o