Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

Proxección 30 de outubro.

Dirección e guión: Mike Leigh Intérpretes: Sally Hawkins (Poppy), Alexis Zegerman (Zoe), Andrea Riseborough (Dawn), Samuel Roukin (Tim), Sinead Matthews (Alice) Música: Gary Yershon Fotografía: Dick Pope Duración: 118 min. Oso de prata na Berlinale á interpretación de Sally Hawkins HAPPY, UN CONTO SOBRE A FELICIDADE Poppy (Sally Hawkins) é unha profesora de primaria divertida, aberta e xenerosa. Un espírito libre que toma a vida tal e como vén, pero sempre con actitude positiva. Cando lle rouban a bici, decide que é o momento de sacar o carné de conducir. O seu profesor de autoescola é un tipo amargado e neurótico duns trinta anos que non encaixa moi ben co carácter aberto e falador de Poppy. Máis ben contrasta radicalmente coa natureza amable da súa alumna. Poppy ignorará os comentarios desagradables de Scott e tentará tomar a súa actitude con humor. Outras pelícluas de Mike Leigh : Grandes ambicións (1989), A vida é dóce(1990), Indefenso (1993), Segredos e mentiras (1996), Dúa

Porxección do 16 de outubro.

Está película recibiu 27 premios internacionais, dos que o máis destacable é o Premio do Festival de Sundance. CAPITÁN ABU RAED Dirección e guión: Amin Matalqa Intérpretes: Nadim Sawalha (Abu Raed), Ra Sultan (Nour), Hussein Ao-Sous (Murad), Udey Ao-Qiddissi (Tareq), Ghandi Saber (Abu Murad) Música: Austin Wintory Fotografía: Reinhart "Rayteam" Peschke. Duración: 110 min. Abu Raed é un solitario membro do equipo de limpeza do aeroporto internacional de Ammán. Sempre quixo viaxar polo mundo, pero ao non poder facer realidade o seu soño, víveo a través de libros e de breves charlas con algún viaxeiro. Un día, atopa unha gorra de capitán nunha papeleira e un mozo do barrio velle con ela posta camiño de casa. Ao día seguinte, un grupo de nenos espéralle diante da porta, convencidos de que é piloto. Nace unha amizade entre o home e os nenos. Feliz de ter compañía, fai viaxar aos nenos polo mundo mediante historias inventadas. Con todo, Murad, un neno que sente rexeitado polo