Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2011

Programa para hoxe, 31 de agosto

Mércores 31 de agosto Categoría webcam Título:  Evil Park Director: Miguel Ángel Postgo Palacios Animación, Madrid, 2010 Sinopse: A mañá transcorre aparentemente tranquila nun extraño parque. Sen embargo, algo se agocha entre as xestas. Título:  Duérmete Director: Santago Onofre Vega Terror, Ecuador, 2010 Sinopse: Un mozo atormentado por pesadelos. Título:  Atzucat Director: Marc Bernatallada Intriga, Girona, 2011 Sinopse: Os arrabales das cidades agochan espazos extraños, propicios para oculatarse. Alí se atopan dous vellos coñecidos para reparar o pasado e planifcar o futuro. Título:  Videoconferencia Director: Francisco Lorenzo Parada Comedia, Compostela, 2011 Sinopse: Un encargo académico plantexa certas difculatades no grupo de traballo. Título:  Soy actor de mi futuro Directora: Luz Beloso e os alumnos de 4o da E.S.O do IES As Barxas Videoclip, Moaña, 2011 Sinopse: Traballo dos alumnos de 4o da E.S.O do IES As Barxas coordinado pola súa profesor

Votación das curtametraxes na sección libre

O público votou e ao resultado de Cangas  haberá que sumar o do resto das cidades onde se vai celebrar este festival 5 céntimos. As nosas votacións deron o seguinte resultado: TÍTULO PUNTOS Bloody Mary 194 Me voy al zoo 166 Las calles desde abajo 144 El sorbo 139 Adicto 131 Todas tus fobias 118 No hables 105 Víctor, Víctor y Victoria 88 Hachero 85 Ozono 73

Programa Curtas 30 e 31 de agosto

Podedes consultar a programación de curtametraxes do Festival 5 céntims. Martes 30 de agosto Categoría libre Título: Víctor, Víctor y Victoria Director: Marc Bernatallada Comedia, Girona, 2011 Sinopse: O amor, o amor verdadeiro e profundo, é o máis próximo que se pode atopar á poesía. Pero tamén hai quen non atopa nunca este amor e prefre buscar outras cousas, se cadra non tan poétcas. Título: Ozono Director: Mijael Milies Calle producciones Ciencia-Ficción, Chile, 2010 Sinopse: A capa de ozono deteriorouse. Os raios solares golpean a Terra. O planeta quéimase. Queda claro o que provocaron os seres humanos. O que non se sabe e o que poden facer agora. Título: Las calles desde abajo Director: María Paula Navas, Andrés Alvarado, Leonardo Gaitán Documental creatvo, Colombia, 2011 Sinopse: Julio e Pitufo viven nas rúas de Bogota. Igual que as súas vidas, as súas miradas entrecruzaronse neste flme que nos obriga a ver a través dos seus ollos como unha maneira de

Cartel do festival curtas de 5c

Lembrade que o próximo martes día 30 e o mércores 31 de agosto temos unha cita no SALASÓN co festival Curtametraxes de cinc céntims. Este festival está convocado pola asociación A d'art . A partir das 22.30 e con entrada gratuíta veremos as producións realizadas para esta convocatoria. O primeiro día teremos a proxección das curtas que están a concurso e que poderedes votar. Día 30, finalistas na categoría libre: 1. Me voy al zoo (Pilar Garcia Cabanillas y Raquel Burbano) 2. Todas tus fobias (Matías Zemljič) 3. Âdicto (Óscar Cruz Rodríguez) 4. Hachero (Jaime Huertas Roman) 5. No hables (Mijael Milies Garcia) 6. Las calles desde abajo (María Paula Navas Gomez) 7. El sorbo (Minerva Elisa Rivera Bolaños) 8. Ozono (Mijael Milies Garcia) 9. Bloody Mary (Yasmina Aidi) 10. Víctor, Víctor y Victoria (Marc Bernatallada) O día 31 proxectaranse os da categoría webcam: 1. Evil Park (Miguel Ángel Postigo Palacios) 2. Duérmete (Santiago Onofre Vega) 3. Atzucac (Marc Ber

Programación outono 2011

Xa está perfilada a programación dos meses de outubro e novembro. Tamén temos as datas de proxección do mes de decembro. As catro primeiras películas serán: 14 de outubro: Historias de la edad de oro (Romanía) 28 de outubro: Lola (Filipinas) 11 de novembro: El último verano (Francia) 25 de novembro: Miel (Turquía)

FESTIVAL DE CURTAMETRAXES

Nas próximas semanas, vaise celebrar curtas 5 céntimos . Trátase dun certame que naceu en Girona e que este ano se vai extender a Galicia e Cangas está entre os lugares nos que teremos oportunidade de ver e votar polas películas que concorren na categoría libre. As datas de celebración serán o 30 e 31 de agosto e as proxeccións terán lugar no SALASÓN , na Rúa do Lirio, 30, ás 22,30 horas.

PROGRAMACIÓN DE OUTONO

Andamos da darlle volta á programación para o vindeiro trimestre. Coma sempre, agardamos as vosas propostas para telas en conta e contrastalas coa valoración que van dando os críticos, que desde logo non son determinantes. Pero queremos ter en conta as vosas propostas. Vías de participación: Facebook comentarios no blog Correo electrónico: cineclubcangas@gmail.com