Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

Proxección do 1 de marzo de 2013

THE DEP BLUE SEA Dirección: Terence Davies. Intérpretes: Rachel Weisz, Tom Hiddleston, Simon Russell Beale, Barbara Jefford. Guion: Terence Davies; basado na obra de Terence Rattigan. Fotografía: Florian Hoffmeister. Montaxe: David Charap. Duración: 98 min SINOPSE Terence Davies adapta ao cinema a obra teatral The deep blue sea de Terence Rattigan, un dos grandes dramaturgos británicos do século XX. A historia trasládanos ao Londres dos anos 50, onde coñeceremos a Hester Collyer (Rachel Weisz), unha muller que leva unha vida privilexiada como esposa dun xuíz do Tribunal Supremo, sir William Collyer (Simon Russell Beale). Pero para asombro de todos os que a rodean, deixa ao seu marido para irse a vivir con Freddie Page (Tom Hiddleston), un mozo ex piloto da RAF do que se namorou apaixonadamente.

Proxección do 22 de febreiro

Venres, 22 de febreiro, ás 21 horas. Auditorio Municipal de Cangas TERRAFERMA Italia e Francia, 2011 Dirección: Emanuele Crialese. Intérpretes: Filippo Pucillo, Donatella Finocchiaro, Giuseppe Fiorello, Mimmo Cuticchio, Martina Codecasa. Guion: Vittorio Moroni e Emanuele Crialese. Fotografía: Fabio Cianchetti. Montaxe: Simona Paggi. Música: Franco Piersanti. Duración: 88 min  SINOPSE “Terraferma” é a historia dunha Sicilia sen contaminar, habitada fudamentalmente por mariñeiros. Aínda que non coñecen o turismo, a súa mentalidade está comezando a mudar ao decatarse das posibilidades desta nova industria. Ao mesmo tempo teñen que enfrontarse a estranxeiros sen papeis e á nova lei que os obriga a rexeitar aos que buscan axuda. Esta política choca coa lei do mar que obriga a auxiliar a calquera que estea en apuros.    

Historias de Xangai

Unha película para descubrir a intrincada historia dunha cidade e das súas xentes ao longo dos últimos decenios.

Proxección do 8 de febreiro

Historias de Xangai (Hai shang chuan qi) China, 2010 - V.O.S.E . Selección oficial “ Unha certa mirada”. Festival de Cannes 2010 Mellor documental Festival de Cine de Dubai 2010 Dirección e guión: Jia Zhang-ke. Intérpretes: Zhao Tao, Lim Giong, Lin Xudong (entrevistador) Produción: Wang Tianyun, Ty Lik Wai, Meg Jin, Lin Ye e Xiong Yong. Música: Lim Giong. Fotografía: Yu Likwai. Montaxe: Xhang Jia. Duración: 115 min. SINOPSE Xangai, unha metrópole en rápida evolución, unha cidade portuaria onde as persoas van e veñen. Xangai recibiu todo tipo de persoas: revolucionarios, capitalistas, políticos, soldados, artistas e mafiosos. Tamén viu revolucións, asasinatos e historias de amor. Despois da vitoria dos comunistas chineses en 1949, miles de persoas de Xangai marcharon a Hong Kong e Taiwan. Irse significaba separarse dos seus fogares durante trinta anos; quedar significaba sufrimento a través da Revolución Cultural e outros desastres políticos de China. Dezaoito perso