Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Proxección do 30 de maio de 2014

UNHA VIDA SINXELA PREMIOS  Premio Volpi á mellor actriz -Festival de Venecia.  Mellor director, mellor actor  e mellor actriz - Golden Horse Awards.  Mellor película- Tallinn Black Nights Filme Festival.  Mellor película e mellor actriz -Hong Kong filme Critics Society.  Mellor película, director e guión, actor e actriz - Hong Kong Filme Awards.  PREMIO DO PÚBLICO - Festival Cinemas do Sur.  Candidata ao Óscar Dirección: Ann Hui. Guión: Susan Chan. Intérpretes: Andy Lau, Deanie Ip, Wang Fuli, Qin Hailu. Fotografía: Yu Lik Wai Montaxe: Kong Chi Leung. Música: Law Wing Fai. Duración: 118 min Durante sesenta anos, a case octoxenaria Ah Tao (Deanie p) traballou como fiel serventa para a familia Leung. Agora coida de Roger (Andy Lau), un famoso produtor de cinema, que é o único membro do clan que aínda vive en Hong Kong. Un día, Tao sofre un derrame cerebral, e Roger lévaa ao hospital. Por insistencia dela, o  home atópalle finalmente unha  modestísima  habitación  

Trailer de Unha vida sinxela

Aquí vos deixamos o avance da próxima película. APROVEITAMOS PARA LEMBRARVOS QUE SERÁ O VENRES 30 de maio e non o 6 de xuño como estaba anunciada. TRAILER UNA VIDA SENCILLA - VERSION ORIGINAL SUBTITULADA from Surtsey Films  on Vimeo . Críticas: SUS DOS EXCELENTES ACTORES LLEVAN EL RITMO DE LA PELÍCULA DE FORMA SIMPLE Y EMOTIVA. The New York Times UNA PELÍCULA QUE CONSIGUE EVOCAR SENTIMIENTOS TAN PUROS COMO EL AMOR, LA PÉRDIDA Y EL DEBER. The Washington Post LA VERSIÓN ASIÁTICA DE LOS DESCENDIENTES O CRIADAS Y SEÑORAS. Boston Herald DE LAS PELÍCULAS MÁS HONESTAS Y EXTRAORDINARIAS QUE HE VISTO EN MUCHO, MUCHO TIEMPO. CineVue UNA OBRA DE ARTE QUE REBOSA AMOR Y HUMANIDAD. Time Out UNA DE LAS MEJORES PELÍCULAS DEL AÑO. ROGER EBERT  VARIETY

Película do 23 de maio

UNHA FAMILIA DE TOKIO XAPÓN, 2013 23 de maio, ás 21 horas no Auditorio de Cangas Espiga de Ouro á Mellor Película na Seminci 2013. Dirección: Yôji Yamada Guión: Yôji Yamada e Emiko Hiramatsu. Intérpretes: Isao Hashizume (Shukichi Hirayama), Kazuko Yoshiyuki (Tomiko), Satoshi Tsumabuki (Shuji), Yû Aoi (Noriko), Yui Natsukawa (Fumiko), Masahiko Nishimura (Koichi), Tomoko Nakajima (Shigeko), Shozo Hayashiya (Kurazo). Fotografía: Masashi Chikamori.. Montaxe: Iwao Ishii. Música: Joe Hisaishi. Duración: 146 min. Sinopse Unha parella de anciáns que vive nunha pequena illa viaxa a Tokio para visitar aos seus tres fillos. O máis vello, Koichi dirixe un hospital. A filla, Shigeko dirixe un salón de beleza. O segundo, Shuji, deseña decorados. Os fillos queren que os seus pais se divirtan na capital, pero ao mesmo tempo están ocupados nos seus traballos, deixando que os seus anciáns pais se sintan algo incómodos. Pero pronto cambia todo.  Unha homenaxe de Yôji

Película do 9 de maio

A GRAN BELEZA Italia, 2013 Óscar 2014 á mellor película de fala non inglesa. Premio Europeo á mellor película, mellor guión, montaxe e actor. Globo de ouro. BAFTA á mellor película Dirección: Paolo Sorrentino Guión: Paolo Sorrentino e Umberto Contarello Intérpretes: Toni Servillo, Carlo Verdone, Sabrina Ferilli, Serena Grandi, Isabella Ferrari, Giulia Di Quilio, Luca Marinelli, Giorgio Pasotti, Massimo Popolizio. Fotografía: Luca Bigazzi. Montaxe: Mags Arnold e Paul Monaghan. Música: Lele Marchitelli. Duración: 142 min O xornalista Jep Gambardella seduciu, co seu particular estilo, aos habitantes de Roma durante décadas. O éxito da súa única novela mantívoo, desde que a publicou na súa mocidade, na boca dos círculos sociais e culturais da cidade, e a súa luxosa vida está chea de admiradores que o seguen alá onde vaia. A Jep  encántalle a súa vida: o luxo, as festas, as mulleres... Considera que o ten todo, que non hai nada máis que poida pedir para ser feliz. Con tod

Sobre Unha familia de Tokio

O programa de TVE Días de cine adicoulle un espazo á crítica da película Unha familia de Tokio. Deixamos aquí o fragmento do programa para que vos animedes, é unha película que ten unha crítica magnífica sen a menor disensión. Días de cine: 'Una familia de Tokio'