Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2009

Proxección do 11 de decembro

The visitor Dirección: Tom McCarthy Guión: Tom McCarthy Reparto: Richard Jenkins, Haaz Sleiman, Danai Jekesai Gurira, Hiam Abbass, Marian Seldes, Maggie Moore, Michael Cumpsy, Bill McHenry, Richard Kind Montaxe: Tom McArdle Música: Jan A.P. Kaczmarek Duración: 108 min. SINOPSE Walter Vale, de sesenta e dous anos, camiña como sonámbulo pola súa propia vida. Perdida a súa paixón por ensinar e escribir, enche o seu baleiro existencial tentando infructuosamente aprender a tocar o piano clásico. Cando a súa Universidade o envía a Manhattan para asistir a unha conferencia, Walter queda sorprendido ao descubrir que unha parella nova se instalou no seu apartamento. Vítimas dunha estafa inmobiliaria, Tarek, de nacionalidade siria, e Zainab, a súa noiva senegalesa, non teñen onde ir. Na primeira dunha serie de probas para o seu corazón, Walter permite de mala gana que a parella quede con el. Durante os seguintes dias, desenvólvese lentamente unha amizade entre

Trailer da próxima película

The visitor é a última obra do autor daquela película que moitos de vós lembraredes, Vías cruzadas (The station agent), unha historia chea de personaxes estraños e solitarios que se densenrolaba nunha vella estación de tren abandonada nun lugar remoto dos Estados Unidos. Aquí vos queda o trailer de esta, The visitor, para que vaiades picando algo da última película deste ciclo. Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que podedes facer as vosas propostas de títulos para o vindeiro ciclo a cineclubcangas@gmail.com.