Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Dous días, unha noite. 8 de maio.

DOUS DÍAS, UNHA NOITE (Deux jours, une nuit) Auditorio de Cangas. 8 de maio de 2015. 21 horas Dirección e guión: Jean-Pierre e Luc Dardenne. Intérpretes: Marion Cotillard, Fabrizio Rongione, Pili Groyne, Simon Caudry, Catherine Salée, Batiches Sornin, Alain Eloy, Myriem Akeddiou, Fabienne Sciascia, Olivier Gourmet Fotografía: Alain Marcoen. Duración: 96 min. SINOPSE A empresa na que traballa Sandra vese obrigada a recortar gastos e ofrece aos obreiros dúas opcións: ou despedir a Sandra ou suprimir a bonificación de mil euros que cobra cada un deles. Unha maioría decídese polo primeiro. Pero a Sandra os seus xefes concédenlle unha última oportunidade. O luns repetirase a votación e Sandra e o seu home contan coa fin de semana para convencer a unha maioría de colegas para que se decanten ao seu favor renuncien á súa paga extra. 'Dos días, una noche' COMENTARIO Os Dardenne forman parte dese olimpo de grandes autores cuxa carreira se config