Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

Proxección do 24 de marzo

MARÍA (E OS DEMAIS) 24 de marzo. 21 horas Auditorio Municipal de Cangas Dirección: Nely Reguera Guion: Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Nely Reguera, Roger Sogues, Valentina Viso Intérpretes: Bárbara Lennie, José Ángel Egido,Rocío León, Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, María Vázquez, Aixa Villagrán, Marina Skell, Xulio Abonjo, Miguel de Lira... Fotografía: Aitor Echeverría Duración: 96 min Premios Goya: Nominada á Mellor actriz protagonista, mellor directora novel Premio Feroz: Mellor actriz SINOPSE: Desde que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de se atrever a vivir a súa propia vida. 'María y los demás'

Proxección do 10 de marzo

ENTRE DOUS MUNDOS Israel, 2016 Direción e guión: Maysaloun Hamoud Música: Mg Saad Fotografía: Itay Gross Intérpretes: Mouna Hawa, Shaden Kanboura, Sana Jammalieh Duración: 96 min. Salma, Laila e Nur nunca encaixarán. Palestinas con pasaporte israelí, optan por vivir unha vida de liberdade en Tel Aviv, lonxe dos seus lugares de orixe. As tres buscan o amor, mais como mozas palestinas, pronto se decatarán de que non é doado chegar a unha relación escollida por elas. Terán que escoller o seu sitio no mundo, ben na cidade, ben nas súas vilas. Festival de Toronto: Premio NETPAC (Mejor film asiático) Festival de San Sebastián: Premio TVE 'Otra mirada' O feminismo de Oriente Próximo. Por Alejandro Chacón. Os interrogantes.com ... A historia que nos presenta Hamoud non é só unha alegación pola liberdade da muller, senón que na súa axustada metraxe, de aproximadamente hora e media, é capaz de reflectir moitas das problemáticas de Israel e o Oriente Pr