Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Programación de primavera

Como vos comentamos anteriormente, xa temos programación para a primavera. Esta programación, xunto coa da Concellería de Cultura do concello de Cangas que vai proxectar ademais de películas infantís (Amigos para siempre e Los cinco y la isla misteriosa), La isla mínima e El niño, conforman unha programación cinematográfico moi interesante. O cine club proxectará: ABRIL Día 10 Loreak  Día 24 Magical Girl MAIO Día 8 Dos días una noche Día 22 Diplomacia XUÑO Día 5 Amence en Edimburgo Día 12 Mil veces boa noite

Reprogramando

O último que podemos dicirvos é que xa nos puxemos en contacto coa distribuidora de A moza do 14 de xullo a través da Federación Galega de Cineclubs e ademais de presentar as súas desculpas polo feito de que o Bluray da película nos dese problemas, enviará unha copia por partida dobre para que o 13 de marzo se poida volver a proxectar. XA O SABES, 14 DE MARZO A MOZA DO 14 DE XULLO. Ademais diso nunha entrada próxima anunciaremos a programación de primavera que temos totalmente pechada.

A moza do 14 de xullo

A MOZA DO 14 DE XULLO Francia, 2013 Venres 20 de febreiro Auditorio Cangas 21 h. Dirección e guión: Antonin Peretjatko. Intérpretes: Vimala Pons (Truquette), Grégoire Tachnakian (Hector), Vincent Macaigne (Pator), Marie-Lorna Vaconsin (Charlotte), Thomas Schmitt (Bertier), Serge Trinquecoste (Doctor Placenta), Esteban (Julot) e a participación de Albert Delpy e Bruno Podalydès Dirección artística: Erwan Le Gal. Produción: Ecce films, Emmanuel Chaumet. Montaxe: Carole Le Page e Antonin Peretjatko. Fotografía: Simon Roca. Son: Julien Brossier, Julien Roiget, Martial De Roffignac. Duración: 88 min SINOPSE É 14 de xullo, aniversario da toma da Bastilla en Francia. Héctor, vixiante do Louvre nas vacacións de verán, namórase perdidamente de Truquette, unha vendedora de guillotinas de miniatura coa que se cruza no famoso museo parisiense. A pesar de non coñecela, Héctor decide ir na súa procura, e para iso contará coa axuda dos seus amigos, cos que se percorrerá todo o

Rebelde

O trailer de Rebelde, a película de Kim Nguyen que proxectaremos o vindeiro venres, día 6 de febreiro, ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas.

Proxección do 6 de febreiro

REBELDE Versión orixinal con subtítulos en español Canadá, 2012 Dirección e guión: Kim Nguyen. Intérpretes: Rachel Mwanza, Serge Kanyinda, Alain Bastien, Mizinga Mwinga, Ralph Prosper. Produción: Pierre Even, Kim Nguyen, Marie-Claude Poulin. Montaxe: Richard Comeau. Fotografía: Nicolas Bolduc. Música: Afro-beat angoleña grabada nos anos 70. Duración: 90 min. SINOPSE nalgún lugar da África subsahariana, nunha pequena e remota aldea, Komona, unha nena de 12 anos, vive pacíficamente cos seus pais, até o día en que é secuestrada polo exército rebelde e vese obrigada a combater como nena soldado. Pola súa capacidade para salvarse, chámanlle "bruxa da guerra". A súa única saída e amigo será Mago, un mozo albino de 15 anos que desexa casar con ela. COMENTARIO No imaxinario colectivo a África negra é un territorio exótico, belo e perigoso, en permanente guerra consigo mesmo. Como espectadores, sen contar aqueles aventureiros que penetraron nos document