Ir al contenido principal

Película do 10 de febreiro de 2017

EU, DANIEL BLAKE
(I, Daniel Blake)
Auditorio Municipal de Cangas.    21 horas


Dirección: Ken Loach
Guión: Paul Laverty
Produción: Rebecca O’Brien
Director de fotografía: Robbie Ryan
Montaxe: Jonathan Morris
Música: George Fenton
Intérpretes:
Dave Johns (
Daniel Blake)Hayley Squires (Katie),  Dylan McKiernan (Dylan), Briana Shann (Daisy), Kate Rutter (Ann), Sharon Percy (Sheila), Kema Sikazwe (China)
Duración: 100'

SINOPSE


Daniel Blake é un carpinteiro inglés de 59 anos que se ve obrigado a recorrer ás axudas sociais por primeira vez na súa vida despois de que lle diagnostiquen unha doenza cardíaca. Con todo, a pesar da prohibición médica de traballar, a administración obrígao a buscar un emprego para evitar unha sanción. No centro de colocación coñecerá a Katie, outra vítima das aberracións burocráticas, que tivo que mudarse cos seus fillos a 450 km para evitar un fogar de acollida. Entre os dous tentarán axudarse mutuamente.


Comentarios