Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016

Proxección do 2 de decembro

ALÉN DAS MONTAÑAS China, Francia e Xapón, 2015. PREMIOS Asian Film Awards 2016 (mellor filme) Cannes 2015 (nomeado á Palma de Ouro) Golden Horse 2015 (premio do público, mellor guión) Miami 2016 (gran premio do xurado, mellor actriz Tao Zhao) Donostia 2015 (premio do público). Dirección: Jia Zhang-ke. Guion: Jia Zhang-ke. Intérpretes: Tao Zhao, Zhang Yi, Liang Jingdong, Dong Zijian, Sylvia Chang Fotografía: Nelson Yu Lik-wai. Música: Yoshihiro Hanno. Duración: 131' 'Más allá de las montañas' SINOPSE Tao, unha moza de Fenyang, é cortexada polos seus dous amigos da infancia, Zang e Lianzi. Zang, propietario dunha estación de gasolina, está destinado a un futuro prometedor, mentres que Liang traballa nunha mina de carbón. O seu corazón está dividido entre os dous homes e debe tomar unha decisión que selará o seu destino e o do seu futuro fillo.

Proxección do 18 de novembro

LILTING Gran Bretaña, 2014 Auditorio de Cangas. 21 horas Premios BAFTA: Proposta a Mellor guionista debutante, director e produtor británico Festival de Sundance: Mellor fotografía Director: Hong Khaou Dirección e guión: Hong Khaou Intérpretes: Ben Whishaw, Cheng Pei-Pei, Andrew Leung, Peter Bowles, Naomi Christie, Morven Christie Música: Stuart Earl Fotografía: Urszula Pontikos Duración: 91 min. Se a delicadeza é o talento en desairar a mirada, ao guionista e director Hong Khaou habería que situalo no cume dese talento, pois a súa película pon o ollo dun modo tan delicado en moitos dos aspectos máis vidrosos como a vellez e a soidade, a dor e a perda, a incomunicación ou o choque cultural, e non na homosexualidade, tratada aquí con parecido aroma que en «Brokeback Mountain»,. De todo iso trata esta historia sobre unha nai chinesa que vive nun xeriátrico londiniense, a morte do seu fillo, o achegamento do home que vivía co seu fillo e a imposibilidade de atopar e

Proxección do 4 de novembro

VENRES 4 DE NOVEMBRO DE 2016 21 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS O CUARTO ROOM. Irlanda, 2015 . Oscar Mellor actriz e 4 nominacións. Globo de ouro mellor actriz. BAFTA mellor actriz. Spirit Awards: mellor actriz e mellor guión novel. Dirección: Lenny Abrahamson. Guion: Emma Donoghue. Intérpretes: Brie Larson, Jacob Tremblay, William H. Macy, Joan Allen, Sean Bridgers, Tom McCamus, Megan Park, Wendy Crewson, Amanda Brugel, Kate Drummond, Jack Fulton, Cas Anvar, Chantelle Chung, Joe Pingue, Justin Mader. Fotografía: Danny Cohen. Música: Stephen Rennicks. Duración: 118' Sinopse: Para Jack, un neno de cinco anos, o cuarto é o mundo enteiro, o lugar onde naceu, onde come, xoga e aprende coa súa nai. Pola noite, a mamá pono a durmir no armario, por se vén o vello Nick. A habitación é o fogar de Jack, mentres que para a súa nai é o cubículo onde leva sete anos encerrada, secuestrada desde o dezanove anos. Con gran tesón e enxeño, a moza creou nese reducido