Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Magical Girl en Días de cine

'Magical girl'

Máis sobre Magical Girl

COMENTARIO Por Antonio Rodríguez Peña  É realmente difícil sentar a comentar unha película que te deixa sen palabras e da que todo o mundo fala. Magical Girl é unha Rara Avis exótica, hipnótica e inclasificable, un desafío maiúsculo de impecable resultado envolvida dentro dun marco costumista na que todo é posible. Un microcosmos onde todo xira arredor de catro personaxes golpeados polos infortunios da vida. A catástrofe comeza con Luís, (Luís Bermejo) un profesor en paro que necesita diñeiro para que a súa filla Alicia (Lucia Pollán) consiga o seu soño, o traxe de Magical Girl Yukiko. Doutra banda Bárbara (Bárbara Lennie) non quere perder ao seu marido e Damian (José Sancristán) quere axudala para que isto non ocorra. Uns personaxes extremadamente fráxiles que viven nun universo decepcionante en busca de soños mundanos, cheos de angustias, de amargura e cuxas vidas se entrelazan polo azar do destino. O novo filme de Carlos Vermut é orixinal. Do mesmo xeito que a gran Diamon

MAGICAL GIRL. Proxección do 24 de abril

MAGICAL GIRL España e Francia, 2014 Dirección e guión: Carlos Vermut. Intérpretes: osé Sacristán, Bárbara Lennie, Luis Bermejo, Javier Botet, Elisabet Gelabert, Lucía Pollán e Israel Elejalde Fotografía: Santiago Racaj. Duración: 127 min. Versión: En castelán. SINOPSE Luis trata de satisfacer o desexo da súa filla enferma, ter o traxe da serie xaponesa de manga Magical Girl Yukiko. O traxe é moi caro e Luis buscará o diñeiro desesperadamente, cando coñece a Bárbara unha muller con problemas mentais, relacionada ao mesmo tempo con Damián, un profesor xubilado e cun escuro pasado. Os tres vense atrapados nunha trama de chantaxes nas que o instinto e a razón entran en conflito. COMENTARIO Ocorreume con Víctor Erice e con Iván Zulueta e volveume a ocorrer con Carlos Vermut e o seu "Magical Girl". Os dous primeiros asinaron unha segunda película (O Sur e Arrebato, respectivamente) que son verdadeiras obra mestras. Películas que crecen cos anos, no caso do

Proxección do 10 de abril de 2015

LOREAK Euskadi, 2014 Dirección e guión: José Mari Goenaga e Jon Garaño Intérpretes: Nagore Aranburu (Ane), Itziar Ituño (Lourdes), Itziar Aizpuru (Tere), Josean Bengoetxea (Beñat), Egoitz Lasa (Ander), Ane Gabarain (Jaione), José Ramón Soroiz (Txema) e Jox Berasategui (Jexus). Produción: Xabier Berzosa, Íñigo Obeso e Iñaki Gómez. Música: Pascal Gaigne. Duración: 99 min. SINOPSE A vida de Ane dá un xiro cando, semana tras semana, comeza a recibir na súa casa un ramo de flores. Sempre á mesma hora. E sempre de maneira anónima. A vida de Lourdes e Tere tamén se ve afectada por unhas misteriosas flores. Un descoñecido deposita semanalmente un ramo en memoria de alguén que foi importante nas súas vidas. Esta é a historia de tres mulleres, tres vidas alteradas pola mera presenza duns ramos de flores. Flores que farán brotar nelas sentimentos que parecían esquecidos... Pero á fin e ao cabo, non son máis que flores.A vida de Ane dá un xiro cando, semana tras semana, comeza a reci