Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

Trailer da próxima película

O ÚLTIMO VERÁN de Jacques Rivette (36 vues du Pic Saint-Loup) 11 de novembro

Trailer de LOLA (Avoa)

LOLA (Avoa)

Auditorio Municipal 28 de outubro, ás 21 horas  Dirección: Brillante Mendoza. Interpretación: Anita Linda (Sepa), Rustica Carpio (Puring), Tanya Gómez (Ditas), Jhong Hilario (Bebong), Ketchup Eusebio (Mateo). Guión: Linda Casimiro. Produción: Ferdinand Lapuz. Música: Teresa Barrozo. Fotografía: Odyssey Flores. Duración: 110 minutos SINOPSE: Dúas anciás deben lidar coas consecuencias dun crime que involucra aos seus respectivos netos: un é a vítima e o outro é o sospeitoso. Pobres e débiles, ambas as mulleres parten na busca de diñeiro no medio dunha tormenta. Sepa, acompañada do seu neto menor, acende unha vela no lugar do asasinato do seu outro neto a mans dun ladrón de móbiles. Logo inicia a súa busca de fondos para o funeral e o xuízo. Pola súa banda, Puring céntrase nunha laboriosa recollida de diñeiro para conseguir a liberdade temporal do seu neto, o asaltante.

HISTORIAS DA IDADE DE OURO

14 de outubro, 21 horas Dirección : Cristian Mungiu, Ioana Uricaru, Hanno Höfer, Razvan Marculescu e Constantin Popescu.. Guión: Cristian Mungiu. Intérpretes: Alexandru Potocean (secretario), Teo Corban (alcalde), Emanuel Pirvu (inspector do partido), Avram Birau (fotógrafo), Vlad Ivanov (Grigore), Tania Popa (Camelia), Liliana Mocanu (Marusia), Ion Sapdaru (axente Alexa), Diana Cavalioti (Crina). Fotografía: Oleg Mutu, Alex Sterian e Liviu Marghidan. Produción: Oleg Mutu e Cristian Mungiu. Montaxe: Dana Bunescu, Theodora Penciu e Ioana Uricaru. Música: Hanno Höfer e Laco Jimi. Dirección artística: Cezara Armasu, Mihaela Poenaru, Dana Istrate e Simona Paduretu. Duración: 154 min. SINOPSE Os últimos quince anos do réxime de Ceausescu foron os peores da historia de Romanía. Con todo, a maquinaria propagandística da época refírese indefectiblemente a aquel período como a Idade de Ouro. A película é unha adaptación para a gran pantalla das lendas urbanas máis f