Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2016

29 de xaneiro de 2016

AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.   29 DE XANEIRO, 21 Horas. Dirección e guión: Asier Altuna. Fotografía: Javier Agirre. Intérpretes: Iraia Elias, Amparo Badiola, Ander Lipus, Kandido Uranga, Manu Uranga, Klara Badiola, Nagore Aranburu. Duración: 113 min. SINOPSE Un caserío no medio dun mesto bosque, cos seus costumes consuetudinarios escritos coa seiva das árbores que o arrodean. A casa familiar nunca se vai dividir, o primeiro fillo varón quedará con ela, e o resto dos fillos terán que buscar a vida lonxe del. Despois de séculos de funcionamento, este, na medida do posible, actualizouse, permitindo hoxe escoller quen herdará o caserío. Unha familia con tres irmáns, cada un coa súa árbore plantada e marcada con pintura para indicar o seu carácter: o vermello para a coraxe do irmán máis vello, o branco para o vago e o negro para a moza rebelde. Pero a vida fai que os primeiros irmáns marchen do caserío, deixando soa a ovella negra da familia, a única muller, artista e

22 de xaneiro

Venres, 22 de xaneiro de 2016, ás 21 horas AUDITORIO DE CANGAS Dirección e guión: Naomi Kawase. Intérpretes: Kirin Kiki (Tokue), Masatoshi Nagase (Sentaro), Kyara Uchida (Wakana), Miyoko Asada (Propietario tenda), Etsuko Ichihara (Yoshiko), Masatoshi Nagase (Sentaro). Produción: Masa Sawada, Koichiro Fukushima, Yoshito Oyama. Música: David Hadjadj. Montaxe: Tina Baz. Fotografía: Shigeki Akiyama. Duración: 113 min. SINOPSE Sentaro dirixe unha pequena pasteleria que serve dorayakis (pasteliños recheos de salsa de feixóns vermellos e doces chamada "an"). Cando unha anciá, Tokue, ofrécese a axudarlle na cociña, el accede de mala gana. Pero Tokue demostrará ter maxia nas mans cando se trata de facer "an". Grazas á súa receita secreta, o pequeno negocio comeza a florecer. Co paso do tempo, Sentaro e Tokue abrirán os seus corazóns para revelar vellas feridas. Que di a prensa da próxima película?  Aí tendes unha captura en internet: "Cu