Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2012

Próximas proxeccións

11 de xaneiro PROFESOR LAZHAR   de  Phillipe Falardeau Canadá, 2011 25 de xaneiro.  AS MALAS HERBAS  de Alain Resnais Francia, 2009 8 de febreiro HISTORIAS DE SHANGHAI de Jia Zhang-ke  China, 2010

Que o ano 2013 teña mellores historias

Seguimos coma sempre, sen que ninguén invirta un peso en que o Auditorio se dote, xa sei que estamos en crise, e como os únicos que teñen cartos son os bancos, queremos aproveitar para pedirlles que acheguen uns miles de euros para que no Auditorio Municipal de Cangas poidamos seguir compartindo felices historias no ano 2013. Grazas porque sabemos que ides aportar o voso gran de area.

Prxección 14 de decembro

TAKE SHELTER AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS, ás 21 horas Dirección e guión: Jeff Nichols. Intérpretes: Michael Shannon (Curtis), Jessica Chastain (Samantha), Tova Stewart (Hannah), Shea Whigham (Dewart), Katy Mixon (Nat), Kathy Baker (Sarah), Natasha Randall (Cammie), Scott Knisley (Lewis). Fotografía: Adam Stone. Montaxe: Parke Gregg. Música: David Wingo. Producción: Tyler Davidson y Sophia Lin. Duración: 118 min . SINOPSE Curtis LaForche vive nun pobo de Ohio coa súa muller, Samantha, e a súa filla de seis anos, Hannah, que padece xordeira. Curtis gaña modestamente a vida como xefe de persoal dunha explotación mineira de area. Samantha, ademais de coidar da filla de ambos, traballa de costureira a tempo parcial e complementa os ingresos familiares vendendo pezas feitas a man no mercado as fins de semana. Non lles sobra o diñeiro e custear a atención médica e a educación especial de Hannah supón un esforzo constante. A pesar diso, Curtis e Samantha están moi namora

Proxección do 7 de decembro

UN DEUS SALVAXE (Carnage) Francia, Alemaña, Polonia e España, 2011 LEÓN DE PRATA FESTIVAL VENECIA   V.O.S.E. Dirección: Roman Polanski. Intérpretes: Jodie Foster (Penelope Longstreet), Kate Winslet (Nancy Cowan), Christoph Waltz (Alan Cowan), John C. Reilly (Michael Longstreet), Elvis Polanski (Zachary), Eliot Berger (Ethan). Guión: Roman Polanski e Yasmina Reza; basado na obra teatral homónima de Yasmina Reza. Fotografía: Pawel Edelman. Montaxe: Hervé de Luze. Música: Alexandre Desplat. Duración: 79 min. SINOPSE Unha simple pelexa nun parque entre dous rapaces que, aparentemente, podía ter quedado nunha serie de golpes sen importancia, ten trazas de adquirir maior trascendencia. Esa mesma noite, o que parece unha simple formalidade entre adultos, os pais de ambos os dous, para cerrar o asunto, vaise converter no escenario encarnozado de desputas, nas que saen a relucir todos os prexuízos sociais e as súas contradicións burguesas.