Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Opinións e trailer

'Una segunda madre'

30 de outubro

QUE HORAS ELA VOLTA? Venres, 30 de outubro. Auditorio Cangas             21 horas Dirección e guión: Anna Muylaert. Intérpretes: Michel Joelsas, Karine Teles, Camila Márdila, Lourenço Mutarelli, Regina Casé. Música: Fábio Trummer. Fotografía: Bárbara Álvarez. Duración: 110 min. SINOPSE Val pasou máis de 13 anos traballando na casa dunha familia rica de Sâo Paulo coidando da casa e criando o fillo dos seus xefes, que quere coma seu. Curiosamente Val mantén contacto esporádico coa súa familia ata que un día a súa filla avísalle por teléfono que vai facer a selectividade e que precisa que a acolla na cidade por uns días. Emocionada polo reencontro, Val faille sitio no seu cuarto e na súa vida, pero Jéssica ve doutro xeito ben diferente a vida da súa nai e a relación entre ambas vai ser conflictiva "Fala con intelixencia e sensibilidade da loita de clases. É unha película boa, comprensiva, crítica, luminosa e turbadora película." Carlos Boyero. El

Película do 16 de outubro

VENRES, 16 DE OUTUBRO. 21 HORAS. MANDARINAS Dirección e guión: Zaza Urushadze. Intérpretes: Lembit Ulfsak, Elmo Nüganen, Giorgi Nakashidze, Mikhail Meskhi. Música: Niaz Diasamidze. Fotografía: Rein Kotov. Duración: 87 min. SINOPSE Ano 1990. Ivo, un home de orixe estoniana, decide quedar en Xeorxia, a diferenza dos seus compatriotas, para axudar ao seu amigo Margus coa colleita de mandarinas. Nos comezos do conflito pola independencia na provincia de Abjasia, Ivo atopa unha mañá un par de soldados feridos, de bandos opostos, ás portas da súa casa. Xunto a Margus, decide acollelos e coidar deles até a súa recuperación.

Programación do Cineclub Bueu

TÍTULO ORIXINAL:  Jodaeiye Nader az Simin (A Separation) SINOPSE:  Nader e Simin son un matrimonio iraniano cunha filla. Simin quere abandonar Irán en busca dunha vida mellor, pero Nader desexa quedar para coidar o seu pai, que ten Alzheimer. Ela pídelle o divorcio e múdase a vivir cos seus pais. Nader non ten máis remedio que contratar a unha muller que coide o seu pai. Unha neglixencia da asistenta provoca un conflito de grandes dimensións. CRÍTICA: Unha obra maestra de clase mundial.  Wall Street Journal. Os imprevisibles xiros argumentais, a atmosfera de ameaza e o tenro humanismo de Farhadi converten esta película nunha obra absorbente, pero a súa forma de formular as preguntas fundamentais a confirma como unha obra mestra.  El Periodico. Un triunfo da cinematografía.  Boston Globe. Encadres de cámara sempre perfectos, diálogos esplendidamente dosificados e a credibilidade achegada polos actores converten a película nun envolvente, maxistral mosaico de emocións.