Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014

PROGRAMACIÓN CASE COMPLETA

Estamos pechando a programación do outono entres agardamos que se dote o Auditorio dun equipamento que nos permita mellorar a cualidade das proxeccións. Será este ano? Pero como non imos quedar parados, preparamos unha serie de títulos que pensamos que por variados e a cualidade das películas poden ser atractivas. Empezaremos con Nebraska, un título co que a crítica se amosou unánime ao consideralo escepcional. Teremos tamén unha visión da problemática dos pais e os fillos na película de Kore Eda, De tal pai tal fillo, e en O fillo do outro, de Lorraine Levy, aínda que neste caso teña o engadido do conflito entre Israel e Palestina. Esta última pechará a programación.  Pero antes teremos a oportunidade de ver a despedida de Miyazaki do exercicio da dirección coa obra mestra "Érguese o vento" e a visión do mundo das mulleres na cultura musulmá con "A segunda muller" do director austriaco de orixe turca Umut Dag. Esperamos poder proxectar en dous xoves as p

Programación de outubro

10 de outubro Ás 21 horas Auditorio Municipal de Cangas Nebraska (EE.UU. 2013) Dirixida por Alexander Payne e protagonizada por Bruce Dern, Will forte e June Squibb. 24 de outubro Ás 21 horas Auditorio Municipal de Cangas   De tal pai, tal fillo (Xapón. 2013) Dirixida por Hirozaku Kore Eda e protagonizada por Masaharu Fukuyama, Machiko Ono, Yôko Maki, Rirî Furankî, Jun Fubuki, Shôgen Hwang, Kirin Kiki, Jun Kunimura, Megumi Morisaki.