Ir al contenido principal

MAGICAL GIRL. Proxección do 24 de abril

MAGICAL GIRL
España e Francia, 2014

Dirección e guión: Carlos Vermut.
Intérpretes: osé Sacristán, Bárbara Lennie, Luis Bermejo, Javier Botet, Elisabet Gelabert, Lucía Pollán e Israel Elejalde
Fotografía: Santiago Racaj.
Duración: 127 min.
Versión: En castelán.


SINOPSE
Luis trata de satisfacer o desexo da súa filla enferma, ter o traxe da serie xaponesa de manga Magical Girl Yukiko. O traxe é moi caro e Luis buscará o diñeiro desesperadamente, cando coñece a Bárbara unha muller con problemas mentais, relacionada ao mesmo tempo con Damián, un profesor xubilado e cun escuro pasado. Os tres vense atrapados nunha trama de chantaxes nas que o instinto e a razón entran en conflito.

COMENTARIO

Ocorreume con Víctor Erice e con Iván Zulueta e volveume a ocorrer con Carlos Vermut e o seu "Magical Girl". Os dous primeiros asinaron unha segunda película (O Sur e Arrebato, respectivamente) que son verdadeiras obra mestras. Películas que crecen cos anos, no caso dos dous primeiros, e coas horas e os días no caso de Carlos Vermut. Hai moito que dicir acerca de Magical Girl, isto é só unha nota. Parabéns polos dous merecidísimos premios en San Sebastián. Vermut posúe un dominio insólito da elipse (personaxes e tramas conviven e flúen nunha narración chea de saltos que dá a impresión de que fose lineal, sendo o contrario). É un gran director de actores, todos sobresalientes cunha reverencia especialísima para Bárbara Lennie. Como guionista, Vermut sorprende en cada cambio de secuencia con xiros fondos e inesperados. No último tramo dá a impresión que non pode sacar outro xiro da manga. Vinte minutos antes de terminar eu tiña a impresión de que a historia entraba nun canellón sen saída, imposible competir con todo o anterior, pero conségueo. Volve sorprender, e rematar que é o máis difícil, co último fragmento narrativo, refírome ao protagonizado por Pepe Sancristán, o actor español que Mellor Terceiro Acto está a vivir na súa carreira. Espero que o público faga xustiza a "Magical Girl", para min a gran revelación do cinema español no que vai de século. Non veredes moitos anuncios en televisión. Non hai un duro para promocionar esta xoia, que se estrea o mesmo día de Relatos Salvaxes. Recoméndovos vehementemente as dúas. (Pedro Almodóvar).

Comentarios