Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Película do 27 de abril

WINTER'S BONE Auditorio Municipal de Cangas, ás 21 horas Dirección: Debra Granik. Guión: Debra Granik e Anne Rosellini; baseado na novela de Daniel Woodrell. Intérpretes: Jennifer Lawrence, John Hawkes, Kevin Breznahan, Dale Dickey, Garret Dillahunt, Sheryl Tate Taylor. Fotografía: Michael McDonough. Música: Dickon Hinchliffe.  Duración: 100 min. SINOPSE Ree Dolly, de 17 anos, decide buscar o seu pai despois de que este ofreza a casa familiar como garantía para a fianza que lle permitirá saír do cárcere e desaparecer sen deixar rastro. Antes de perder o seu fogar e atoparse sen teito no medio dos bosques das montañas Ozark, Ree prefire enfrontarse á lei do silencio dos seus parentes con tal de salvar a súa familia. Aos poucos, consegue abrirse paso a través das mentiras, evasivas e ameazas dos seus parentes até chegar á verdade.

A propósito de Le père de mes enfants

ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA.  ángel Santos Touza (acuartaparede.com) Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve celebra o seu trinta aniversario, conta xa con dúas longametraxes no seu haber como directora: Tout est pardonné (2007), premio Louis Delluc, e Le pére de mes enfants, Premio Especial do Xurado no pasado festival de Cannes de 2009; e garda para este 2011 a estrea do seu novo filme, Un amour de jeunesse, máis con todo segue a ser unha descoñecida entre nós. Pero por que falar de Hansen-Løve? Por que agora? Cremos que é importante chamar a atención sobre un filme (e unha cineasta) tan pequeno en aparencia como pode ser este Le pére de mes enfants, cuxas virtudes acaban destacando ao ser postas en relación de contraste cas obras dos seus contemporáneos.  Aló onde outros se dedican a pe

Película do 13 de abril

O PAI DOS MEUS FILLOS (Le père de mes enfants) Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Intérpretes: Louis-Do de Lencquesaing, Chiara Caselli, Alice de Lencquesaing, Manelle Driss, Alice Gautier, Éric Elmosnino, Sandrine Dumas. Fotografía : Natalia Auffray. Produción: Olivier Damian, Philippe Martin E David Thion. Duración: 110 min. SINOPSE Grégoire Canvel teno todo: unha muller que o ama, tres fillas deliciosas e un oficio que o apaixona; é produtor de películas. Descubrir novos cineastas, facer posibles as películas que corresponden á súa idea do cinema, libre como a súa idea da vida, é a súa vocación. Grégoire vive para facer Cinema, dedícalle case todo o seu tempo e enerxía. Só descansa o fin de semana, espazo sacro para estar coa súa familia. De talante hiperactivo, carismático, elegante e pasional, Grégoire provoca a admiración de todos. Con todo a súa prestixiosa produtora, Moon Films, cambaléase. Grégoire resístese a velo, quere continuar, custe

Pequeno cambio

Por esas cousas do mercado cultural, prezos máis en concreto, vémonos obrigados a adiar a proxección de L'illusioniste e programar no seu sitio LE HAVRE do director Aki Kaurismaki. Esperamos que a partir  do mes de outubro as cousas muden un pouco e xa non haxa dificultades para programala.