Ir al contenido principal

Película do 13 de abril

O PAI DOS MEUS FILLOS
(Le père de mes enfants)

Dirección: Mia Hansen-Løve.
Guión: Mia Hansen-Løve.
Intérpretes: Louis-Do de Lencquesaing, Chiara Caselli, Alice de Lencquesaing, Manelle Driss, Alice Gautier, Éric Elmosnino, Sandrine Dumas.
Fotografía: Natalia Auffray.
Produción: Olivier Damian, Philippe Martin E David Thion.
Duración: 110 min.

SINOPSE

Grégoire Canvel teno todo: unha muller que o ama, tres fillas deliciosas e un oficio que o apaixona; é produtor de películas. Descubrir novos cineastas, facer posibles as películas que corresponden á súa idea do cinema, libre como a súa idea da vida, é a súa vocación. Grégoire vive para facer Cinema, dedícalle case todo o seu tempo e enerxía. Só descansa o fin de semana, espazo sacro para estar coa súa familia. De talante hiperactivo, carismático, elegante e pasional, Grégoire provoca a admiración de todos. Con todo a súa prestixiosa produtora, Moon Films, cambaléase. Grégoire resístese a velo, quere continuar, custe o que custe. Pero a súa fuxida cara a adiante choca coa realidade. E entón xorde unha palabra: fracaso. A película está inspirada na figura de Humbert Balsan, actor e produtor francés con máis de 25 anos de profesión.

Comentarios