Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

PROXECCIÓN DO 25 DE OUTUBRO

A pequena Venecia  (Io sono Li)  Italia, 2011 – V.O.S.E. 
Premios:  2011: Premios David di Donatello: Mellor actriz (Tao Zhao). 4 candidaturas 2011: Festival de Sevilla: Premio Eurimages 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música

Dirección: Andrea Segre.
Intérpretes: Zhao Tao ( Shun Li), Rade Sherbedgia (Bepi “O poeta”), Marco Paolini  (Coppe), Roberto Citran (avogado), Giuseppe Battiston ( Devis)
Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre.
Fotografía: Luca Bigazzi.
Montaxe: Sara Zavarise.
Produción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder
Música: François Couturier.
Duración: 100 min. 
Shun Li traballa nunha fábrica téxtil nos arredores de Roma. De súpeto, mándana a Chioggia, unha pequena cidade situada nunha illa na lagoa veneciana, para traballar como camareira nun bar. Bepi, un pescador eslavo ao que os seus amigos alcuman 'O Poeta', é un cliente habitual do pequeno bar desde hai anos. O encontro entre ambos converterase nunha escapada poética da soidade, un diálogo silen…

Que din de A PEQUENA VENECIA?

"Unha das mellores sorpresas e películas do ano. Ninguén debería perder esta xoíña". Carlos Louredo ( Fotogramas.es)

"Unha obra mestra" (Liberazione)


"Un pequeno milagre. Un poema exquisito" (Il Mesaggero)


"Sensible, orixinal e conmovedora. Exitoso debut de Andrea Segre" Correiere della sera.it


"Delicada...Fascinante... é unha canción de amor aos elementos naturais, aos sentimentos humanos, ás cousas sinxelas que alivian o sufrimento e as dificultades da vida cotiá" Close Up


"Grande ovación para A pequena venecia"  (Rolling Stone)


"Unha delicada e poética historia de amor?Un universo emocional realmente orixinal" L'unitá


"Un tema de candente actualidade contado en clave poética... Un excelente reparto" Lq Republica


"Grandes interpretacións dun reparto excepcional" (Radiocinema.it)


"Quizais a mellor película italiana que se viu en Venecia" (Avvenire)


"Paciente, maleable, e vital, Zhao Tao…

Proxección do 11 de outubro

O EXERCICIO DO PODER

Dirección e guión: Pierre Schoeller
Intérpretes: Olivier Gourmet (Bertrand Saint-Jean), Michel Blanc (Gilles), Zabou Breitman (Pauline), Martin Kuypers (Sylvain Deblé), Didier Bezace (Dominique Woessner), Jacques Boudet (Senador Juillet), François Chattot (Falconetti), Gaëtan Vassart (Loïk), Arly Jover (Séverine Saint-Jean), Eric Naggar (Primeiro Ministro), Anne Azoulay (Josepha), Christian Vautrin (Nemrod), François Vincentelli (Peralta), Stéphan Wojtowicz (Presidente de Francia).
Guión: Michel Leclerc e Baya Kasmi. Fotografía: Julien Hirsch .
Montaxe: Laurence Briaud.
Produción: Denis Freyd, Jean-Pierre et Luc Dardenne.
Música: Philippe Schœller .
Duración: 115 min. 

SINOPSE
O secretario persoal do ministro dos Transportes, Bertrand Saint-Jean, espértao no medio da noite para lle comunicar que un autobús caeu por un cavorco. Non lle queda outra que ir alí. Así comeza a odisea dun home de Estado nun mundo cada vez máis complexo e hostil. Velocidade, loitas de poder, caos…