Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

Trailer de Noutro país

"Noutro país é tamén unha das películas máis xoviais de Hong Sangsoo, unha comedia de aparencia lixeira arredor da súa idea persistente de que as relacións humanas nunca conseguen fixarse de maneira sólida, non subsisten no tempo e por iso os personaxes tenden a volver unha e outra vez sobre elas. Tanto o ton cómico como a dificultade para establecer ou manter un romance veñen subliñados, aquí, polo feito de que a protagonista é estranxeira. Se os personaxes masculinos das súas primeiras películas resultaban especialmente odiosos, o socorrista de Noutro país debe ser o protagonista máis simpático e divertido de toda a súa filmografía, un secundario capaz de botarse a cantar coma un Jonathan Richman asiático a fin de conquistar a bela estranxeira que busca un faro."

Proxección do 27 de setembro

NOUTRO PAÍS
Dirección e guión: Sang-soo Hong
Intérpretes: Isabelle Huppert (Anne), Kwon Hye Hyo, Jung Yu Mi, So-ri Moon, Moon Sung Keun, Yeo-jeong Yoon (Park Sook)
Guión:Sang-soo Hong
Fotografía: Yong-jin Jeong
Montaxe: Nathalie Hubert.
Produción: Caroline Adrian, Antoine Rein e Fabrice Goldstein.
Música: Yong-jin Jeong .
Duración: 85 min.


SINOPSE
Nunha cidade costeira de Corea, Mohang, unha moza, encárgase dun pequeno hotel a poucos metros da praia. Tres mulleres francesas que responden ao mesmo nome, Anne, hospédanse alí con historias diferentes que contar: a primeira, é unha famosa directora de cinema; a segunda, é unha muller casada que ten unha relación paralela cun coreano e a terceira foi abandonada polo seu home para irse con outra....Todo forma parte do guión dunha curta escrita por unha rapaza estudante de cinema.

Volvemos ao cine

Estamos preparando a programación do outono e podemos adiantarvos catro das películas que van proxectarse:

27 de setembro
Noutro país, unha película coreana do director Sang SuHong.
11 de outubro
O exercicio do poder, do director francés Pierre Schoeller.

25 de outubro
A pequena Venecia, de Andrea Segre

15 de novembro
A parte dos anxos de Ken Loach

29 de novembro
Bárbara, unha película alemana de Christian Petzold.