Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

Proxección do 12 de marzo

LIVERPOOL Dirección: Lisandro Alonso. Guión: Lisandro Alonso e Salvador Roselli. Intérpretes: Juan Fernández (Farrel), Giselle Irrazabal (Analia), Nieves Cabrera (Trujillo). Montaxe: Lisandro Alonso, Fernando Epstein, Martin Mainoli e Sergi Dies. Fotografía: Lucio Bonelli. Música: Flormaleva. Duración: 84 min. Farrel é un mariñeiro dun barco que se aproxima ao porto de Ushuaia, no extremo sur da Arxentina, un territorio de beleza humillante e humanidade imposible, onde o tempo se detivo a forza de neve e frío. A chegada supón a paréntese dunha viaxe e o inicio doutra ben distinta: o traxecto da monotonía á incerteza. Decidiu visitar o lugar onde naceu. Quere saber da súa nai. Farrel traballou en barcos durante os últimos vinte anos da súa vida. Farrel sempre pagou as mulleres coas que estivo, non fixo amigos. De chegado a ese grupo de casas cubertas de neve onde viviu os seus primeiros anos, os recordos sobreveñen. Todo parece estar no seu sitio. Desde o exterior, a través

Proxección do 5 de marzo

A CUESTIÓN HUMANA Premio de la Crítica no Festival de Sâo Paulo. Premio Mellor Actor e Mellor dirección artística no Festival Internacional de cine de Xixón. Dirección: Nicolas Klotz. Guión: Elisabeth Perceval; a partir da novela "La question humaine" de François Emmanuel. Intérpretes: Mathieu Amalric (Simon), Michael Lonsdale (Mathias Jüst), Laetitia Spigarelli (Louisa), Jean-Pierre Kalfon (Karl Rose), Valérie Dréville (Lynn Sanderson), Edith Scob (Lucy Jüst), Lou Castel (Arie Neumann), Delphine Chuillot (Isabelle), Rémy Carpentier (Jacques Paolini), Nicolas Maury (Tavera), Erwan Ribard (Miguel). Producción: Sophie Dulac y Michel Zana. Montaxe: Rose Marie Lausson. Fotografía: Josée Deshaies. Música: Syd Matters. Duración: 144 min. SINOPSE Simon (Mathieu Amalric) traballa como psicólogo no departamento de recursos humanos dunha gran multinacional petroquímica. O seu traballo consiste na reorganización de rayes e xogos de rol nos que