Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2010

Programación de outono

A pesar de que o Concello aínda non nos pagou nada do que nos debe, volvemos a programar un novo ciclo. Esperamos que a programación sexa do voso interese e lembrade que estamos abertos a calquera proposta que nos queirades facer chegar a través do correo electrónico ou comentario no blog. Iso si, se nos lembramos de abrilo. Recibimos algunha proposta dos socios, algunhas non puidemnos atendelas porque había películas xa proxectadas ou porque as críticas que limos non as deixaban en bo lugar, ou simplemente porque nos foi imposible atopalas en distribución comercial. A todos grazas porque a axuda é valiosa e queremos facer unha programación contado coa opinión dos afeccionados e con calidade. Estes tres primeiros meses van quedar deste xeito: 22 de outubro: Yuki e Nina 5 novembro: Honeymoons 19 novembro: In the loop 10 decembro: Tulpan  Estamos en trámites para poder proxectar a partir de xaneiro a pelñicula do director galego Oliver Laxe premiada no último Festival de Cannes.