Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

Proxección 8 de abril

BÍCAME, PARVO Dirección: Billy Wilder. Guión: Billy Wilder e I.A.L. Diamond. Intérpretes: Dean Martin, Kim Novak, Ray Walston, Felicia Farr, Cliff Osmond, Mel Blanc, Henry Gibson, Barbara Pepper, James Ward, Doro Merande, Howard McNear, Tommy Nolan, Alice Pearce, John Fiedled, Clift Norton. Fotografía: Joseph LaShelle. Produción: Billy Wilder. Música: André Previn. Montaxe: Daniel Mandell.  Asistente de dirección: Charles C. Coleman Dirección artística: Robert Luthardt Duración: 126 min. SINOPSE Un fachendoso e vividor crooner [cantante melódico] (Dean Martin) que acaba de finalizar un período de actuacións en Las Vegas, Nevada, montará no seu flamante coche para se dirixir a Hollywood, coa pretensión de actuar nunha película e pór a súa voz nalgún que outro programa televisivo. Para a súa desgraza, a estrada estará cortada, tendo que dar un rodeo por unha viliña asentada no medio do deserto chamada Climax. Alí, unha parella de amantes da boa música e co