Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2011

Proxección do 3 de xuño

LONDON RIVER Dirección: Rachib Bouchareb. Guión: Rachib Bouchareb, Zoé Galeron e Olivier Lorelle Intérpretes: Brenda Blethyn (Elisabeth), Sotigui Kouyaté (Ousmane), Francis Magee (Inspector 1), Sami Bouajila (Imam), Marc Bayilis (Edward) Fotografía: Jérôme Alméras. Produción: Marin Karmitz, Nathanaël Karmitz, Charles Gillibert e Angelo Barbagallo. Montaxe: Yannick Kergoat Música: Armand Amar Duración: 87 min. SINOPSE No mes de xullo de 2005 a capital inglesa sufriu unha serie de atentados de Al Qaeda que se saldaron cunha cincuentena de mortos. Neste marco sitúase a película de Rachid Bouchareb (director tamén de Days of glory): tras os atentados, Elisabeth Sommers, agricultora viúva, preocupada por non recibir noticias da súa filla Jane, que estuda en Londres, decide acudir persoalmente á cidade para ver como se atopa. Elisabeth descobre, sorprendida, que Jane vive nun barrio de inmigrantes e que comparte piso cun mozo africano chamado Alí. O seu camiño crúzas

Proxección do 27 de maio

COPIA CERTIFICADA Dirección e guión: Abbas Kiarostami  . Intérpretes: Juliette Binoche (Elle),  William Schimell (James Miller), Jean-Claude Carrière (home da praza), Agathe Natanson (muller da praza), Gianna Giachetti (dono do café)    Fotografía: Luca Bigazzi. Produción: Marin Karmitz, Nathanaël Karmitz, Charles Gillibert e Angelo Barbagallo. Montaxe: Bahman Kiarostami Duración: 106 min. SINOPSE Esta é a historia do encontro entre un home e unha muller nunha pequena vila italiana ao sur da Toscana. O home é un autor británico que acaba de rematar unha conferencia. A muller, francesa, unha galerista. A partir dese encontro comezan unha especie de xogo sentimental.

Xa estamos no Facebook

Xa nos podes seguir tamén en Facebook. Esta é a nosa páxina na rede social .

Proxección 13 de maio

POESÍA Dirección e guión: Lee Chang-dong. Intérpretes: Yun Jung-hee (Mija), Lee David (Jong Wook), Kim Hira (Sr. Kang), Anh Nae-sang (Kim Yongtak), Park Myeong-sin (madre de Heejin). Fotografía: Kim Hyun-seok. Produción: Lee Joon-dong. Montaxe: Kim Hyun. Vestiario: Lee Choong-yeon. Duración: 139 min. SINOPSE Mija vive co seu neto adolescente nunha pequena cidade dormitorio preto do río Han. É unha señora elegante e chea de curiosidade que adoita resultar imprevisible para os demais. Un día apúntase por casualidade a un taller de poesía nun centro cultural do barrio, e por primeira vez na súa vida vese na obriga de escribir un poema. O primeiro paso que dá na procura de inspiración poética é observar a vida diaria o seu arredor, algo no que nunca se fixara. De súpeto, unha nova enerxía apodérase de Mija, coma se fose unha nena que acaba de descubrir a vida. Ata que debe enfrontarse a unha realidade moito máis dura do que xamais imaxinara e dáse conta de que a vida n