Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

Proxección do 5 de decembro

5 de decembro O FILLO DO OUTRO Dirección: Lorraine Lévy. Intérpretes: Emmanuelle Devos (Orith), Pascal Elbé (Alon), Jules Sitruk (Joseph), Mehdi Dehbi (Yacine), Areen Omari (Leïla), Khalifa Natour (Saïd). Montaxe: Sylvie Gadmer. Produción: Raphaël Berdugo y Virginie Lacombe. Guión: Lorraine Lévy, Nathalie Saugeon e Noam Fitoussi; basado nun argumento de Noam Fitoussi. Fotografía: Emmanuel Soyer. Música: Dhafer Youssef. Duración: 105 min. SINOPSE Cando se prepara para entrar no exercito israelí, Joseph descobre que non é fillo biolóxico dos seus pais. Ao nacer, no medio da guerra, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o bebé dunha familia palestina que vive nos territorios ocupados de Cisxordania. O mundo derrúbase arredor destas dúas familias. O rexeitamento, a dúbida, a perda de identidade, os prexuízos de raza e relixión eríxense como espiñenta barreira nas súas vidas, e todos deberán tentar superala a través da comprensión, a amizade e a reconciliac

Levántase o vento

Venres, 21 de novembro de 2014  21 h. Auditorio Municipal LEVÁNTASE O VENTO Dirección: Hayao Miyaxzaki. Produción: Toshio Suzuki. Guión: Hayao Miyazaki. Música: Joe Hisaishi. Duración: 126 min. SINOPSE Un mozo entusiasmado pola aviación, con problemas de vista que lle impediron ser piloto, converteuse no creador dos avións cos que Xapón combateu na Segunda Guerra Mundial. Inspirada na historia verdadeira de Jiro Horikoshi, o mestre xaponés da animación Hayao, Miyazaki construíu un filme (anunciado como o último da súa carreira) no que a súa visión fantástica aterra nas duras condicións dun país en pé de guerra. Todo iso cun realismo pouco común na súa obra. Tráiler de 'El viento se levanta', de Hayao Miyazaki COMENTARIO .  Jesús Jiménez. rtve.es/noticias MIYAZAKI INVÍTANOS A VOAR "Le vent se lève! . . . il faut tenter de vivre!" ("Érguese o vento!…hai que intentar vivir!"). Esta frase do poeta e filósofo francés, Paul V