Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

Trailer e comentario. A PARTE DOS ANXOS

A PARTE DOS ANXOS COMENTARIO de Julio Rodríguez Chico. La Butaca.com “A parte dos anxos” é unha entrañable comedia social na que Ken Loach deixa clara a súa aposta pola segunda oportunidade. Paul Branningan fai un gran papel cheo de frescura e espontaneidade. Resulta difícil imaxinar a Ken Loach facendo un cinema no que a perspectiva social non prevaleza ou onde os seus personaxes non pertenzan a clases desfavorecidas. En “A parte dos anxos” -Premio do Xurado en Cannes- non saímos dese universo de compromiso e marxinalidade, pero si varía o enfoque con que se achega ás distintas situacións. O ton de comedia e a súa óptica humanista imponse ao espírito reivindicativo doutros traballos, e a denuncia agre deixa paso a un tratamento amable dos problemas. Agora volvemos a Glasgow para seguirlle a pista a un cuarteto de mozos delincuentes que deben conmutar a súa pena con traballos comunitarios como medio de reinserción. Un deles é Robbie, que acaba de ter un bebé con Leonie e que ten

A parte dos Anxos o 29 de novembro

A parte dos anxos (The Angels' Share) Reino Unido, 2012 – V.O.S.E. 2012: Festival de Cannes: Premio especial do xurado 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música 2012: Premios César: Candidata á Mellor película estranxeira Dirección: Ken Loach. Intérpretes: Paul Brannigan (Robbie), John Henshaw (Harry), Gary Maitland (Albert), Jasmin Riggins (Mo), William Ruane (Rhino), Roger Allam (Thaddeus), Siobhan Reilly (Leonie). Guión: Paul Laverty. Fotografía: Robbie Ryan. Montaxe: Jonathan Morris. Produción: Rebecca O’Brien. Música: George Fenton. Duración: 101 min. Robbie é un xove pai de familia de Glasgow que non consegue fuxir do seu pasado delituoso. Crúzase no camiño de Rhino, Albert e a xove Mo cando, coma eles, evita por pouco o cárcere pero recibe unha pena de traballos sociais. Henri, o educador que lles asignaron, convértese entón no seu novo mentor e en segredo iníciaos na arte do whisky! Entre destilerías e sesións de degustación, Robbie

Proxección do 15 de novembro

BÁRBARA Alemaña, 2012 Oso de prata mellor director Berlinale Dirección: Christian Petzold. Intérpretes: Nina Hoss (Bárbara), Ronald Zehrfeld (André), Rainer Bock (Klauss), Christina Hecke (Dra. Schulze) Guion: Christian Petzold, coa colaboración de Harun Farocki. Produción: Florian Koerner von Gustorf. Fotografía: Hans Fromm. Montaxe: Bettina Böhler. Música: JStefan Will. Duración: 105 min. SINOPSE Verán de 1980 na República Democrática Alemá. Bárbara, unha médica, pediu autorización para marcharse definitivamente a Occidente. Como castigo, trasládana da capital a un pobo. Jörg, o seu amante, que reside no Oeste, prepara a súa fuxida. Bárbara espera. O piso, os veciños, o verán, o campo, nada parece importarlle. Traballa no departamento de pediatría ás ordes de André, un cirurxián. É cariñosa cos pacientes, pero distante cos seus compañeiros. Está convencida de que o seu futuro empezará noutro lugar. Pero André sorpréndea. Non entende por que confía nela, na súa profe