Ir al contenido principal

Proxección do 15 de novembro

BÁRBARA

Alemaña, 2012
Oso de prata mellor director Berlinale





Dirección: Christian Petzold.
Intérpretes: Nina Hoss (Bárbara), Ronald Zehrfeld (André), Rainer Bock (Klauss), Christina Hecke (Dra. Schulze)
Guion: Christian Petzold, coa colaboración de Harun Farocki.
Produción: Florian Koerner von Gustorf. Fotografía: Hans Fromm.
Montaxe: Bettina Böhler.
Música: JStefan Will.
Duración: 105 min.

SINOPSE

Verán de 1980 na República Democrática Alemá. Bárbara, unha médica, pediu autorización para marcharse definitivamente a Occidente. Como castigo, trasládana da capital a un pobo. Jörg, o seu amante, que reside no Oeste, prepara a súa fuxida. Bárbara espera. O piso, os veciños, o verán, o campo, nada parece importarlle. Traballa no departamento de pediatría ás ordes de André, un cirurxián. É cariñosa cos pacientes, pero distante cos seus compañeiros. Está convencida de que o seu futuro empezará noutro lugar. Pero André sorpréndea. Non entende por que confía nela, na súa profesionalidade. Por que non a denuncia por querer axudar a unha adolescente fuxida? Encargáronlle que a vixíe? Está namorado dela? O día da fuxida achégase e Bárbara empeza a perder o control de si mesma, dos seus plans e do seu corazón.

Comentarios