Ir al contenido principal

Película do 27 de abril

WINTER'S BONE
Auditorio Municipal de Cangas, ás 21 horas


Dirección: Debra Granik.
Guión: Debra Granik e Anne Rosellini; baseado na novela de Daniel Woodrell.
Intérpretes: Jennifer Lawrence, John Hawkes, Kevin Breznahan, Dale Dickey, Garret Dillahunt, Sheryl Tate Taylor.
Fotografía: Michael McDonough.
Música: Dickon Hinchliffe. 
Duración: 100 min.

SINOPSE

Ree Dolly, de 17 anos, decide buscar o seu pai despois de que este ofreza a casa familiar como garantía para a fianza que lle permitirá saír do cárcere e desaparecer sen deixar rastro. Antes de perder o seu fogar e atoparse sen teito no medio dos bosques das montañas Ozark, Ree prefire enfrontarse á lei do silencio dos seus parentes con tal de salvar a súa familia. Aos poucos, consegue abrirse paso a través das mentiras, evasivas e ameazas dos seus parentes até chegar á verdade.


Comentarios