Ir al contenido principal

Contrafaces, 28 de decembro

 CONTRAFACES
Mércores, 28 de decembro, ás 21 horas
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS


Ola, cineclubeiros. Imos despedir o ano cunha proxección extra. Quizais algúns saibades que queriamos inaugurar a Semana de cine cunha película relacionada co noso entorno máis próximo, pero non puido ser. Unha das películas que barallamos foi Contrafaces un documental centrado en dous personaxes que se cruzan nos seus itinerarios vitais en sentidos contrarios, Elías Portela ou Elías Knörr e Erín Moure.
Pois ben, o mércores 28 de decembro, ás 21 horas realizaremos a presentación en Cangas deste documental e contaremos coa presenza de Elías Portela e Fon Cortizo, o seu director.

Comentarios