Ir al contenido principal

Proxección do 10 de marzo


ENTRE DOUS MUNDOS
Israel, 2016

Direción e guión: Maysaloun Hamoud
Música: Mg Saad
Fotografía: Itay Gross
Intérpretes: Mouna Hawa, Shaden Kanboura, Sana Jammalieh
Duración: 96 min.

Salma, Laila e Nur nunca encaixarán. Palestinas con pasaporte israelí, optan por vivir unha vida de liberdade en Tel Aviv, lonxe dos seus lugares de orixe. As tres buscan o amor, mais como mozas palestinas, pronto se decatarán de que non é doado chegar a unha relación escollida por elas. Terán que escoller o seu sitio no mundo, ben na cidade, ben nas súas vilas.


Festival de Toronto: Premio NETPAC (Mejor film asiático)
Festival de San Sebastián: Premio TVE 'Otra mirada'

O feminismo de Oriente Próximo.

Por Alejandro Chacón. Os interrogantes.com

... A historia que nos presenta Hamoud non é só unha alegación pola liberdade da muller, senón que na súa axustada metraxe, de aproximadamente hora e media, é capaz de reflectir moitas das problemáticas de Israel e o Oriente Próximo. Así, xunto ás temáticas de malos tratos e control por parte dos homes, atopamos a homofobia, o eterno conflito entre Palestina e Israel ou a visión da relixión, tanto a musulmá como a cristiá. Un crisol antropolóxico que se desenvolve compensado durante toda a metraxe, sen a sensación de que nada foi metido con calzador, algo moi complicado de lograr.

Maysaloun Hamoud, opta por unha realización sinxela, apoiada pola contundencia da música, en gran parte pola profesión dunha das protagonistas, que unida aos seus coloridos créditos, podería lembrar vagamente, e salvando as máis que evidentes distancias, a Gaspar Noé. O apartado técnico é correcto sen grandes alardes, debido ao seu axustado orzamento. Pero aquí o que importa é a historia, o fondo, sendo a forma algo secundario, sen que isto signifique que quede descoidada.

O elenco brilla grazas ás tres protagonistas, destacando Shaden Kanboura como a sufridora Nour, e Mouna Hawa como Leila, un personaxe cargado de fortaleza. Detrás delas queda Sa Jammelieh coa súa Salma. Curiosamente, o seu personaxe é que o que protagoniza a trama máis breve, e tamén a máis emotiva, centrada na homosexualidade.
Entre dous mundos pode parecer maniquea nalgúns tramos, pero mostra a realidade dunha zona do mundo onde a sociedade aínda ten moito que evolucionar en materia de igualdade, sen que iso signifique que na vella Europa o problema estea resolto. Grazas a cineastas valentes como Hamoud e todo o seu equipo, cada día a utopía de xénero achégase máis á realidade.

Comentarios