Ir al contenido principal

Proxección 27 de xaneiro

REGRESO Á CASA

Gui lai

China, 2014
21 horas.  Auditorio Municipal de Cangas


Director: Zhang Yimou
Guión: Zhou Jingzhi (Novel: Yan Geling)
Intérpretes: Gong Li, Chen Daoming, Zhang Huiwen, Guo Tao, Yan Ni, Li Chun, Zhang Jiayi,Liu Peiqi, Ding Jiali, Xin Baiqing, Zu Feng, Chen Xiaoyi
Música: Chen Qijang
Fotografía: Zhao Xiaoding
Duración: 109 min.

SINOPSE

Lu Yanshi é detido en pleno apoxeo da Revolución Cultural en China. A súa muller, a profesora Feng Wanyu, e a súa filla deben enfrontarse a esta realidade. Así, a nena empeza a entregarse á danza e esfórzase por facerse cun papel protagonista. 

A principios dos anos setenta, tras anos sen ver á súa familia, Lu Yanshi consegue escapar dun campo de traballo. Tenta volver ver os seus seres queridos, pero a súa filla -por medo a que o reencontro afecte á súa carreira como bailarina- evítao. 
Tempo despois poderá finalmente estar coa súa muller, aínda que non nas circunstancias que imaxinaba, pois Wanyu padece problemas de memoria. Por iso non pode recoñecer ao seu home, a quen lembra de mozo, e, así, segue esperando o seu regreso. Desta forma Lu Yanshi convértese nun estraño na súa propia familia.

Comentarios