Ir al contenido principal

Proxección especial

A Federación de cineclubes de Galicia e todos os cineclubes que formamos parte da mesma, acordamos realizar unha proxección coa intención de axudar ás persoas refuxiadas.  En Cangas será o mércores, 11 de maio ás 21 horas.
Contaremos coa participación de Marián Rodríguez, membro de Médicos sen fronteiras, organización á que, xunto con ACNUR faremos chegar os fondos que se recaden en todas as proxeccións.
A entrada terá un custe de 6 euros para todo o público, asociados e non asociados.

Comentarios