Ir al contenido principal

Película do 22 de abril de 2016

A ACADEMIA DAS MUSAS

(La academia de las musas)
Auditorio de Cangas, 22 de abril ás 21 horas

Dirección e guión: José Luis Guerín.
Intérpretes: Raffaele Pinto, Emanuela Forgetta, Rosa Delor Muns, Mireia Iniesta, Patricia Gil,Carolina Llacher, Juan Rubiño, Giulia Fedrigo, Giovanni Masia, Gavino Arca
Música: Camilo Froideval.
Fotografía: José Luis Guerín.
Montaxe: José Luis Guerín.
Duración: 92 min.

SINOPSE

Universidade de Barcelona. Un profesor italiano imparte unha clase nun posgrao de Filoloxía acerca das musas e a súa influencia, particularmente na Divina Comedia, de Dante. Os seus alumnos, e sobre todo as súas alumnas, interactúan mentres José Luís Guerín, creador deste fascinante experimento cinematográfico, fílmaos con realismo, sen alharacas formais. Coa mesma naturalidade que levou ao director catalán a capturar a transcendente sinxeleza do discurso social na vida do barrio de En construción, a cámara de A academia das musas transcende até o milagre. Porque a teoría do profesor, aos poucos, vai pasando á práctica: a través de conversas, de feitos, de olladas, de flirteos, de accións. Alí onde a palabra pode pasar a ser palabrería.

Que di a crítica?
"Es un fascinante experimento fílmico (...) Guerín, con su seductor ejercicio cinematográfico, traspasa la pantalla. Hasta golpear al espectador."
Javier Ocaña: Diario El País 

"Una fascinante mirada a las excentricidades de un profesor de ética dudosa, que resulta difícil de categorizar (...) Atrae a los espectadores y les obliga a tomar partido."
Eric Kohn: Indiewire 

"Se convierte en una materia mutante, por lo tanto fascinante, capaz de parafrasear 'Escenas de la vida conyugal' al mismo tiempo que mejora todo el cine de los últimos veinte o treinta años de Woody Allen, sin un solo cimbronazo de tono o de forma."
Horacio Bernades: Diario Página 12

Comentarios