Ir al contenido principal

8 DE ABRIL


PELO MALO
AUDITORIO DE CANGAS

8 DE ABRIL, ás 21 H.

Dirección e guión: Mariana Rondón.
Intérpretes: Samuel Lange (Junior), Samantha Castillo (Marta), Nelly Ramos (Carmen), Beto Benites (o xefe), María Emilia Sulbarán (a nena)
Música: Camilo Froideval.
Fotografía: Micaela Cajahuaringa.
Montaxe: Marité Ugas
Duración: 93 min.

SINOPSE
Junior ten nove anos e o cabelo moi crespo, indomable, o “pelo malo”. Quéreo alisar para a foto da escola, e así verse como un cantante de moda, co pelo liso. O seu desexo enfróntao coa súa nai Marta, viúva nova e desempregada.

Marta, Junior e a nena viven en grandes edificios multifamiliares. Marta, aparvada polo esforzo de sobrevivir na caótica cidade de Caracas, é cada vez máis intolerante coa obsesión de Junior co seu cabelo. Mentres Junior busca verse guapo para que a súa mamá o queira, ela rexéitao cada vez máis.


A avoa paterna, testemuña deste rexeitamento, proponlle a Marta que Junior quede a vivir con ela e así a coide. A nai négase e tenta corrixir ao seu fillo, dándolle o “exemplo”, un duro momento que se supuña ser unha lección. Finalmente, el verase obrigado a tomar unha dolorosa decisión.

Comentarios