Ir al contenido principal

26 de febreiro de 2016

O ANO MÁIS VIOLENTO
(A Most Violent Year)
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Venres, 26 de febreiro. 21 horas
Versión Orixinal Subtitulada en Español


Dirección e guión: J.C. Chandor.
Intérpretes: Oscar Isaac, Jessica Chastain, Albert Brooks, David Oyelowo, Elyes Gabel, Catalina Sandino, Christopher Abbott.
Música: Alex Ebert.
Montaxe: Sebastián Sepúlveda.
Fotografía: Bradford Young.
Produción: J. C. Chandor, Neal Dodson e Anna Gerb
Duración: 125 min.

SINOPSE
Nova York, ano 1981, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade-. O inmigrante hispano Abel Morais e a súa muller Anna conseguiron sacar adiante a súa empresa de distribución e venda de gasóleo. Agora están a piques de lograr a última peza do seu soño americano: comprar un cotizado terreo fronte ao río Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia. Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que lograron até ese momento.


Estamos ante unha intelixente, intrigante e poderosa historia, que nos mergulla nos recunchos urbanos de Nova York, en 1981, ano que figura nas estatísticas como un dos máis violentos da devandita cidade, secuestrado polo crime e a delincuencia. En tal escenario, desenvólvese esta interesante e atrayente combinación de thriller con drama urbano.

Comentarios