Ir al contenido principal

30 de outubro

QUE HORAS ELA VOLTA?
Venres, 30 de outubro.
Auditorio Cangas             21 horas
Dirección e guión: Anna Muylaert.
Intérpretes: Michel Joelsas, Karine Teles, Camila Márdila, Lourenço Mutarelli, Regina Casé.
Música: Fábio Trummer.
Fotografía: Bárbara Álvarez.
Duración: 110 min.

SINOPSE


Val pasou máis de 13 anos traballando na casa dunha familia rica de Sâo Paulo coidando da casa e criando o fillo dos seus xefes, que quere coma seu. Curiosamente Val mantén contacto esporádico coa súa familia ata que un día a súa filla avísalle por teléfono que vai facer a selectividade e que precisa que a acolla na cidade por uns días. Emocionada polo reencontro, Val faille sitio no seu cuarto e na súa vida, pero Jéssica ve doutro xeito ben diferente a vida da súa nai e a relación entre ambas vai ser conflictiva



"Fala con intelixencia e sensibilidade da loita de clases. É unha película boa, comprensiva, crítica, luminosa e turbadora película."
Carlos Boyero. El País

"Unha magnética fábula sobre a inxustiza. (...) é aí, na escombreira onde Muylaert edifica unha película exemplar, brillante e caladamente dolorosa."

Luis Martínez. El Mundo

"é un xogo de relacións sociais, de clase, na que a película propón a súa moral, ou a súa tese. O mellor é relación ben fiada, gradual e rica entre a nai e a filla"

E. Rodríguez Marchante.  ABC

"Maternidade dividida (...) un tema que a película aborda con delicadez e sentido da observación de conductas, asentada sobre personaxes vivos e cribles, moi ben interpretados.  "

Jordi Batlle Caminal. La Vanguardia

"A película ten as formas dunha comedia costumbrista fresca e divertida, pero a lixeireza é aparente. Muylaert demostra que un escenario inxusto pode condicionar a máis pura relación..."

Desirée de Fez: Fotogramas

""Unha segunda nai" non responde preguntas e limítase a observar, pero a súa ollada é, ao remate, brillante, pois consegue que unha crítica tan agre sexa ao tempo profundamente emocionante..."

Andrea G. Bermejo: Cinemanía

Comentarios