Ir al contenido principal

Película do 2 de outubro

OS INSÓLITOS PEIXES GATO
MÉXICO, 2013


Dirección e guión: Claudia Sainte-Luce.
Intérpretes: Lisa Owen (Martha), Ximena Ayala (Claudia), Sonia Franco (Alejandra), Wendy Guillén (Wendy), Andrea Baeza (Mariana), Alejandro Ramírez-Muñoz (Armando), Beira Wilson (Alicia)
Música: Madame Recamier.
Fotografía: Agnés Godard.
Duración: 95 min.

SINOPSE

Claudia, unha nova calada e meditabunda, traballa nun supermercado como promotora de salchichas. Por non saber lidar con esta insostible soidade, termina na sala de urxencias dun hospital público, cun severo caso de apendicite. É aí onde coñece a Martha, unha muller que se atopa hospitalizada na cama de á beira. Martha, quen vive acompañada polos seus fillos, aos poucos gáñase a confianza de Claudia. O curioso equilibrio desta familia logra que Claudia estableza unha relación de amizade con Martha, lazo que aos poucos se vai estreitando.

COMENTARIO
Para entusiastas das historias humanas
Por Jordi Batlle Caminal


Claudia Saint-Loce demostra un apreciable talento para facer fluir con naturalidade aos personaxes.

Velaquí unha historia mínima, que diría Carlos Sorin, pero rebosante de vida. O seu protagonista é unha moza triste, moi triste, solitaria, de vida monótona como promotora de salchichas nun súper. Un ataque de apendicite levaraa ao hospital, con cuxa compañeira de habitación, unha nai de familia enferma, establecerá unha relación progresivamente afectuosa.

Esa muller e os seus fillos inxectan renovadas enerxías na protagonista, e as escenas compartidas en casa, xunto á mesa, ou a excursión final á praia e a súa posterior cea, desprenden unha contaxiosa joie de vivre a pesar da que a sombra ominosa da morte está sempre presente: os momentos de faqueza anímica ou debilidade están calzados con precisión. Na súa primeira longametraxe, Claudia Saint-Loce demostra un apreciable talento para facer fluir con naturalidade aos personaxes, ás veces apresados en planos secuencia dunha elocuencia desarmante. 'Os insólitos peixes gato' é unha película que camiña a paso lento pero seguro, totalmente consciente de onde vai.

Comentarios