Ir al contenido principal

Amence en Edimburgo

VENRES, 12 DE XUÑO
AUDITORIO DE CANGAS ÁS 21 H


Dirección: Dexter Fletcher
Guión: Stephen Greenhorn.
Intérpretes: Peter Abranden, Antonia Thomas, Jason Flemyng, Freya Mavor, Jane Horrocks, Paul Brannigan, George MacKay, Kevin Guthrie, John Spence, Robert Yates
Produción: Marc De Bayser e Frank Lle Wita.
Música: Paul Englishby.
Fotografía: George Richmond.
Duración: 100 min.

SINOPSE
Amence en Edimburgo é a historia de dous bos amigos: Davy (George Mackay) e Ally (Kevin Guthrie) quen volven ás súas vidas en Edimburgo tras cumprir o servizo na guerra de Afganistán. Ambos continúan as súas relacións de parella: Ally con Liz (Freya Mavor) e Davy con Yvonne (Antonia Thomas). Mentres tanto, os pais de Davy, Rab (Peter Abranden) e Jean (Jane Horrocks) están ocupados planeando as súas vodas de prata. Todo vai ben ata que unha revelación do pasado de Rab ameaza con destruír á familia e separar as tres parellas.

COMENTARIO
Amence en Edimburgo, musical e modernidade Por Lluis Bonet Mojica. La Vanguardia.

Durante a guerra de Afganistán, un tanque británico avanza nun angustioso ambiente bélico que presaxia unha inminente catástrofe. Buscando un improbable efecto catártico, os soldados empezan a cantar. Non convén revelar nada máis. Que comece así unha comedia musical desconcerta ao espectador inmerso nos estereotipos de xénero. A secuencia seguinte trasládanos a Edimburgo e segue a traxectoria, anos máis tarde, de dous dos recrutas que viviron aquela experiencia nunca esquecida. Atención aos novos actores George MacKay e Kevin Guthrie. A súa carreira deberá seguirse con atención.

Amence en Edimburgo parte do exitoso musical Sunshine on Leith, título orixinal desta película que nos traslada ao universo sonoro de The Proclaimers, popular grupo escocés liderado polos xemelgos Charlie e Craig Reid. A aposta non era sinxela. Quen a afronta é o actor Dexter Fletcher, na súa segunda longametraxe alén da cámara. Aínda que se mencionou a pegada deixada en 2008 pola adaptación fílmica do estruendoso éxito teatral Mamma mia!, coa sempre excelsa Meryl Streep á fronte do reparto, Dexter Fletcher é moito máis ambicioso. O resultado? A súa película non morre no intento, senón todo o contrario.

Este director case novel consegue axuntar temas como o da familia, os conflitos de parella e a reaparición de feitos do pasado. A pregunta "por que seguimos xuntos?" non augura nada bo se é formulada por un membro da parella. O matrimonio otoñal, soberbiamente interpretado por Peter Abranden e Jane Horrocks, preparan a celebración das súas vodas de prata...

A inclusión dos números musicais é perfecta, nunca forzada. Tamén a coreografía, en perfecta sincronía cun estilo visual que busca (e atopa) un ton case documental, humanizando a personaxes situados na cotidianidad. En suma, un musical que nos devolve ás raíces do xénero. Pero desde unha insólita modernidade do xénero.

Comentarios