Ir al contenido principal

Proxección do 6 de marzo

NAI E FILLO
(P0ZITIA COPILULUI)
Romanía, 2013


 
Oso de ouro en Berlín.




Dirección: Calin Peter Netzer.
Intérpretes: uminita Gheorghiu (Cornelia), Bogdan Dumitrache (Barbu), Ilinca Goia (Carmen), Natasa Raab (Olga), Florin Zamfirescu (Aurelian), Vlad Ivanov (Dinu)
Guión: Razvan Radulescu e Calin Peter Netzer
Produción: Ada Solomon e Calin Peter Netzer.
Montaxe: Dana Lucretia Bunescu.
Fotografía: Andrei Butica.
Duración: 112 min.

SINOPSE
Cornelia séntese infeliz desque o seu fillo Barbu, de 34 anos, decidiu independizarse. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha noiva e evita á súa cariñosa nai. Cando Cornelia se decata de que o seu adorado fillo está involucrado nun tráxico accidente, usará todas as súas habilidades, contactos e diñeiro para impedir que vaia ao cárcere. A cambio, está convencida de que volverá ao choio e será o neno dependente de antes.
COMENTARIO
É posible mostrar sen decantarse a favor ou en contra, sen apoiar ou denunciar o mostrado? Existe realmente unha mirada neutral no cinema? Debe ser así?

Como construción, o cinema implica unha mirada particular, unha concepción propia que non sempre implica tomar partido. Aínda que moitas das críticas respecto dos filmes xéranse, precisamente, máis que respecto da obra cinematográfica en relación co obxectivo do autor: o que con ela defende ou censura.

É no dilema que quere contar e que mecanismos utiliza para facelo, onde resulta máis interesante analizar a película de Netzer, pertencente á “nova onda de cinema romanés”, en alusión ao rexurdimento desta cinematografía na última década. Un dilema que xorde no desenlace da cinta, nesas dúas últimas secuencias finais nas que se nos expón a honestidade da película e do seu autor e o verdadeiro obxectivo do director, e que ademais nos obriga a revisar os 100 minutos anteriores.

Comentarios