Ir al contenido principal

Media lúa. Proxección do 20 de marzo


MEDIA LÚA
(Niwemang)
Kurdistán - Irán., 2006


Cuncha de Ouro Festival San Sebastián 2006
Premio da Crítica
Premio á mellor fotografía

Dirección e guión: Bahman Ghobadi.
Intérpretes: Ismail Ghaffari (Mamo), Allah Morad Rashtiani (Kako), Hedieh Tehrani (Hesho), Golshifteh Farahani (Niwemang).
Produción: Bahman Ghobadi.
Montaxe: Hayedeh Safiyari.
Fotografía: Nigel Block e Chrighton Bone.
Música: Hossein Alizadeh.
Duración: 107 min.

SINOPSE


Mano, un vello músico kurdo ben coñecido, consegue permiso, despois de 35 anos intentándoo, para dar un concerto no Kurdistán iraquí. Para iso convoca aos moitos fillos que ten e súbeos a un vello autobús de transporte escolar norteamericano e emprenden a viaxe desde o kurdistán iraniano cara á fronteira. Os membros dunha etnia sen territorio transitan territorios familiares e ao mesmo tempo hostís. As dificultades que supón o camiño, únese o convencemento por parte do músico da necesidade dunha voz feminina a pesar de que as mulleres teñen prohibido cantar diante dos homes en Irán. Nunha aldea perdida na que viven 1.334 cantantes exiliadas, unirase a eles a fermosa Hesho.
COMENTARIO
Carmen Albares. Miradas de cine
“...Estamos ante unha película que non perde oportunicade para contar e observar temas moi diversos, que preocupan ao director e que son denunciados sutilmente desde a súa perspectiva realista, case lírica, en aspectos esenciais do filme: a ilusión da liberdade tras a caída de Saddam, a discriminación da muller, a represión policial e o telón de fondo dunha guerra que aínda non acabou e que segue provocando mortes continuas e azarosas (elocuente a escea do páramo na que se resoan os disparos dos soldados americarnos que non saben a quen lle están apuntando). Pero non estamos ante unha película política, fundamentada e vertebrada na denuncia, é tan só un recordatorio, un xeito suave de facernos ter en conta que hai cousas que aínda non acabaron. A película segue o seu propio percorrido, e ante todo cóntanos unha historia persoal, íntima, tan ben perfilada que conmove sen utilizar ningún elemento clásico. Non hai sensiblería no cansanzo dese vello músico, acompañado por uns fillos de olladas perdidas, unicamente guiados polo soño de seu pai. Tampouco resulta obvio o tratamento da morte intuída, anunciada e presentida, pero tamén agardada...

Hai moito que debullar en cada imaxe desta Media Lúa, pois amosa, coma todas as grandes obras, dúas caras distintas. Nunha, a morte é a fin, o lamento polo soño non cumprido a tempo. Na outra, a morta é vida, alegría e culminación de toda aspiracións. Ambas as dúas visións son unha soa a escoller por un espectador sempre conmovido e por veces confuso ante esta obra estraña, dóce, que vai conmovendo se un sabe moverse ao seu ritmo.

Podedes ler un comentario ben interesante sobre máis aspectos da película e da vida das mulleres nesta ligazón a Un mundo de luz.

Comentarios