Ir al contenido principal

Nova tempada, novo equipamento

Este novo ano chega cun equipamento polo que levamos anos loitando. A aportación conxunta do Concello e o Cine Club Cangas permitiu a dotación dun novo proxector en alta definición e unha pantalla motorizada de sete metros e un lector Bluray.
Isto suporá que a partir do mes de xaneiro teremos unhas condicións infinitamente mellores de visionado. Cnfiamos que isto nos permita recuperar unha parte do público que se perdeu co peche do cine Galaxias e comezar a pensar na programación da Semana de cine.

Comentarios