Ir al contenido principal

A SEGUNDA MULLER. 7 de novembro

AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
VENRES, 7 DE NOVEMBRO
21 HORAS

Dirección: Umut Dag
Intérpretes: Nihal G Koldas, Begüm Akkaya, Vedat Erincin, Murathan Muslu, Alev Imak, Aliye Esra Salebci, Ethem Saygieder, Abdulkadir Tuncer.
Produción: Veit Heiduschka, Michael Katz, Heinrich Mis.
Guión: Umut Dag e Petra Ladinigg.
Fotografía: Carsten Thiele.
Montaxe: Kevin Tent.
Música: Iva Zabkar.
Duración: 93 min.


SINOPSE

Cando Ayse celebra a súa voda no pobo no que vive, todos cren que se casou con Hasan, un mozo gupo pouco máis vello ca ela. Pero en realidade Ayse abandona Turquía para converterse na segunda esposa de Mustafá, o pai de Hasan. Ao chegar ao seu novo fogar en Viena algúns dos fillos maiores danlle as costas pero Fatma, a primeira esposa de Mustafá acóllea como unha boa sucesora que atenderá e coidará a familia cando ela non estea. As dúas mulleres inician unha amizade moi especial baseada na confianza total. Pero esta relación verase cuestionada cando a familia teña que enfrontarse a un difícil golpe do destino.

Comentarios