Ir al contenido principal

PROGRAMACIÓN CASE COMPLETA

Estamos pechando a programación do outono entres agardamos que se dote o Auditorio dun equipamento que nos permita mellorar a cualidade das proxeccións. Será este ano?
Pero como non imos quedar parados, preparamos unha serie de títulos que pensamos que por variados e a cualidade das películas poden ser atractivas. Empezaremos con Nebraska, un título co que a crítica se amosou unánime ao consideralo escepcional. Teremos tamén unha visión da problemática dos pais e os fillos na película de Kore Eda, De tal pai tal fillo, e en O fillo do outro, de Lorraine Levy, aínda que neste caso teña o engadido do conflito entre Israel e Palestina. Esta última pechará a programación. 
Pero antes teremos a oportunidade de ver a despedida de Miyazaki do exercicio da dirección coa obra mestra "Érguese o vento" e a visión do mundo das mulleres na cultura musulmá con "A segunda muller" do director austriaco de orixe turca Umut Dag.
Esperamos poder proxectar en dous xoves as películas galegas "O ouro do tempo" e "Arraianos" a premiada obra de eloi Enciso sobre a vida nese territorio da raia seca que non era nin Galicia nin Portugal.

Comentarios