Ir al contenido principal

Película do 9 de maio

A GRAN BELEZA

Italia, 2013

Óscar 2014 á mellor película de fala non inglesa.
Premio Europeo á mellor película, mellor guión, montaxe e actor.
Globo de ouro.
BAFTA á mellor película

Dirección: Paolo Sorrentino
Guión: Paolo Sorrentino e Umberto Contarello
Intérpretes: Toni Servillo, Carlo Verdone, Sabrina Ferilli, Serena Grandi, Isabella Ferrari, Giulia Di Quilio, Luca Marinelli, Giorgio Pasotti, Massimo Popolizio.
Fotografía: Luca Bigazzi.
Montaxe: Mags Arnold e Paul Monaghan.
Música: Lele Marchitelli.
Duración: 142 min


O xornalista Jep Gambardella seduciu, co seu particular estilo, aos habitantes de Roma durante décadas. O éxito da súa única novela mantívoo, desde que a publicou na súa mocidade, na boca dos círculos sociais e culturais da cidade, e a súa luxosa vida está chea de admiradores que o seguen alá onde vaia. A Jep  encántalle a súa vida: o luxo, as festas, as mulleres... Considera que o ten todo, que non hai nada máis que poida pedir para ser feliz. Con todo, ao cumprir 65 anos, atópase de súpeto atrancado, sen saber que facer ou como seguir vivindo. Jep esconde a súa desilusión tras a súa típica actitude cínica, pero é entón cando
descobre que necesita un cambio. Decátase de que o que desexa é volver  escribir.

Comentarios