Ir al contenido principal

Proxección do 7 de marzo

A BICICLETA VERDE
ARABIA SAUDITA, 2012


Dirección e guión:
Haifaa Al-Mansour.
Intérpretes: Reem Abdullah, Waad Mohammed, Abdullrahman Algohani, Sultan Al Assaf, Ahd Kamel.
Duración: 98 min.

2013: Premios BAFTA: Candidata á Mellor película de fala non inglesa
2013: Independent Spirit Awards: Candidata á Mellor ópera prima
2013: Satellite Awards: Candidataa á Mellor película estranxeira
2013: National Board of Review (NBR): Premio á liberdade de expresión

COMENTARIO de Mirito Torreiro
Nun momento desta primeira película árabe-saudita dirixida por unha muller, a nena Wadjda mira a árbore xenealóxica da súa familia. Só hai nomes masculinos: non hai espazo para eses seres inferiores que son as mulleres. Sen dicirllo a ninguén, crava cunha pinza do pelo o seu nome escrito nun papel debaixo mesmo do nome do seu pai: non está disposta a ser deixada de lado en nada, menos aínda nunha árbore xenealóxica.
Esta anécdota vale por todo o filme: A bicicleta verde é xustamente a explicitación do desexo dunha preadolescente por ser ela mesma nun contexto no que todo, comezando coa mentalidade da súa nai e acabando coa presión
das súas profesoras, pasando pola educación relixiosa, está alí para lembrarlle que ela non é ninguén se non acepta a submisión á que condenada polo seu sexo.
Película valente, aínda que un tanto esquemática (talvez sexa mesmo necesario), a de Mansour serve sobre todo para cumprir con fartura o programa ideolóxico de mostrar como se vive hoxe en Arabia Saudita. A odisea de Wadjda é a de toda unha xeración de mulleres que, como a directora, non se resignan a aceptar sen máis os roles impostos. É modesta, está ben narrada e serve para compor un personaxe encantador: é unha recomendación sen fisuras para público intelixente.

Comentarios